DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 10 de marzo de 2005 Páx. 4.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 7 de marzo de 2005 pola que se amplía o importe máximo das axudas que se poderán outorgar nos exercicios orzamentarios de 2005 e 2006 dentro do Programa bolsa de vivenda en aluguer do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A Orde do 23 de decembro de 2004 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar nos exercicios orzamentarios de 2005 e 2006 dentro do Programa bolsa de vivenda en aluguer do Instituto Galego da Vivenda e Solo, estableceu no artigo único apartado 3 a posibilidade de incrementar a dotación económica destas axudas en función das solicitudes e das dispoñibilidades orzamentarias con cargo á mesma aplicación, mediante orde posterior da consellería.

O volume das solicitudes presentadas no tempo transcorrido desde a publicación da citada orde, así como a posibilidade de incrementar a dotación económica aconsellan neste momento a ampliación dos créditos consignados para esta finalidade.

E, polo tanto

DISPOÑO:

Artigo único.

1. O importe máximo das axudas do Programa de bolsa de vivenda en aluguer, aprobado pola Orde do 23 de decembro de 2004 para o exercicio do 2005, ascendía a 2.592.000 A, ampliándose por esta orde en 6.940.511 A máis, do que resulta un importe máximo de 9.532.511 A para o dito exercicio de 2005.

2. O importe máximo das axudas do Programa de bolsa de vivenda en aluguer, aprobado pola Orde do 23 de decembro de 2004 para o exercicio do 2006 ascendía a 1.814.400 A, ampliándose por esta orde en 3.545.329,92 A máis, do que resulta un importe máximo de 5.359.729,92 A para dito exercicio de 2006.

3. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia onde figuran os créditos con cargo a os que serán atendidas estas subvencións é a 06.60.331A.480.1.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2005.

Alberto Núñez Feijóo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda