DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 09 de marzo de 2005 Páx. 4.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia,

que subscribiu a comisión paritaria do referido convenio o 25 de xaneiro de 2005, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2005.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

A comisión paritaria do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade, na reunión que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2005, acordou o seguinte:

Punto 1º. Revisión das táboas salariais para 2005.

Acórdase por unanimidade aplicar unha suba salarial do 3,2% correspondente ao IPC estatal.

Táboas salariais para 2005 (euros)

CATEGORIAANO 2005

ADMINISTRADOR/A1.284,89

XERENTE/DIRECTOR/A1.284,89

MEDICO1.070,74

T. SUPERIOR1.070,74

SUPERV.856,57

ATS/DUE856,57

ASIST. SOCIAL856,57

FISIOTERAPEUTA856,57

TERAPEUTA OCUPAC.856,57

TITULADO/A MEDIO856,57

GOBERNANTE/A689,56

OF. MANTEMENTO689,56

OF. ADMINISTRATIVO689,56

CONDUTOR/A689,56

XARDINEIRO/A689,56

XEROCULTOR/A689,56

COCIÑEIRO/A676,70

AUX. MANTEMENTO676,70

AUX. ADMINISTRATIVO676,70

CAMAREIRO/A DE PLANTA676,70

ANIMADOR/A SOCIOCULT.676,70

CATEGORIAANO 2005

PORTEIRO/A RECEPC.676,70

LAVAD./PASADOR DE FERRO628,10

AUXILIAR DE COCIÑA628,10

LIMPADOR/A628,10

PERSOAL NON CUALIF.628,10

COMPLEMENTO DE TRANSPORTE42,83

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA