DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 09 de marzo de 2005 Páx. 3.988

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 1 de marzo de 2005 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para o curso 2005/2006.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23º do seu Estatuto de autonomía.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, atribúelle á Administración autonómica competencia para a regulamentación dos centros de servizos sociais, entre os cales se recollen os centros de atención á primeira infancia.

Así mesmo, a Lei 3/1997, galega da familia, infancia e adolescencia, atribúelle a Xunta de Galicia a xestión dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Administración autonómica.

Consonte o exposto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas nos centros de atención á primeira infancia, dependentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, tanto no relativo ás solicitudes de novo ingreso como ás de renovación de prazas e cobertura de vacantes que poidan producirse ao longo do curso.

Artigo 2º.-Destinatarios.

1. Poderán solicitar praza nos centros de atención á primeira infancia os pais ou representantes legais dos nenos e nenas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos de idade:

Idade mínima: teren cumpridos os tres meses na data de ingreso.

Idade máxima: non teren cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano en que se solicita a praza. Non obstante, poderán eximirse do límite de idade os/as nenos/as con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do ditame do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación en cada Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Non se poderán presentar solicitudes para o grupo 0-1 para aqueles centros que por razóns estruturais non conten con unidades para este tramo de idade.

3. Poderán integrarse nenos e nenas con discapacidade física, psíquica ou sensorial. O ingreso destes estará supeditado á existencia de condicións infraestruturais idóneas e de persoal axeitado e suficiente no cadro de persoal do centro. En ningún caso poderá haber máis dun neno ou nena de integración por aula. Para efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Artigo 3º.-Prazas de ingresos urxentes.

Reservarase un 5% das prazas de cada centro para supostos de máxima urxencia, entendendo por tales os ingresos de menores tutelados/as pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, os fillos/as de mulleres que se atopen en casas de acollida ou de víctimas de maltrato acreditado segundo se establece no artigo 6º, e aqueloutros en que concorran circunstancias socio-económicas e familiares que requiran unha intervención inmediata. A adxudicación ou denegación de praza nestes supostos será resolta pola directora xeral de Familia nun prazo de 5 días contados a partir da data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen ditarse resolución expresa, a solicitude terase por desestimada. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada perante a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado no prazo dun mes, que comezará a contar o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 4º.-Servizos.

1. Os servizos dos centros desagréganse en dúas opcións: asistencia con comedor e asistencia sen comedor. Os usuarios que opten polo servizo de asistencia sen comedor ateranse aos horarios establecidos no centro para estes efectos.

A opción de servizos elixida farase constar nos impresos de solicitude de novo ingreso ou renovación de praza e deberá manterse durante todo o curso salvo circunstancias sobrevidas, debidamente acreditadas, que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

2. Todos os centros de atención á primeira infancia dependentes desta consellería ampliarán a 12 horas diarias, de luns a venres, a prestación do seu servizo.

A permanencia dos nenos no centro será con carácter xeral dun máximo de 8 horas diarias e continuadas, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas, que serán valoradas pola respectiva Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Artigo 5º.-Solicitudes.

O procedemento para a concesión de prazas iniciarase coa presentación das solicitudes por parte dos pais ou representantes legais dos nenos/as, segundo os modelos normalizados recollidos nesta orde:

Anexo I. Reserva de praza.

Anexo II. Novo ingreso.

Os impresos de solicitude -anexo I/anexo II- facilitaranse nos propios centros en que se solicite praza, nas delegacións provinciais desta consellería ou no enderezo electrónico (www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm), debendo presentarse xunto coa documentación oportuna nas anteditas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na presentación da solicitude, o interesado autorizará a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado para obter os datos de carácter tributario da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Economía e Facenda para a determinación da renda da unidade familiar.

1. O prazo para a presentación de solicitudes -reserva de praza e novo ingreso- será do 9 ao 23 de marzo.

1.1. Reserva de praza.

Os pais ou representantes legais de nenos/as xa matriculados nestes centros que desexen renovar praza neles, presentarán a solicitude de reserva de praza (anexo I), na cal deberán figurar os ingresos económicos actualizados. As variacións alegadas neste anexo serán cumpridamente xustificadas.

Non poderá renovar praza o solicitante que no momento de formalizar a súa solicitude manteña algunha mensualidade sen pagar de calquera curso.

1.2. Novo ingreso.

a) Os solicitantes de novo ingreso presentarán a solicitude segundo o modelo oficial (anexo II).

b) Poderase solicitar, no mesmo impreso, praza para dous centros, detallándoos por orde de preferencia.

A puntuación obtida no baremo de admisión determinará a orde de prelación na adxudicación de prazas para calquera das dúas opcións solicitadas.

c) Os solicitantes interesados en participar nas prazas de centros de atención á primeira infancia conveniadas con esta consellería a través do Programa Cheque Infantil, dirixido a aqueles que non obteñan praza na 1ª e 2ª opción solicitadas, deberán cubrir o espazo do anexo II destinado a este fin, detallando por orde de preferencia ata un máximo de 5 centros dos que se relacionan no anexo VI. De non cubrir este espazo, entenderase que desisten desta opción e quedarán excluídos da candidatura ao referido cheque.

Artigo 6º.-Documentación de novo ingreso.

1. Os pais ou representantes legais dos nenos/as presentarán a solicitude para o seu ingreso, presentando con ela os seguintes documentos cotexados:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade do solicitante e, se é o caso, do representante legal.

b) Fotocopia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

c) Xustificación de ingresos: copia da última declaración do IRPF de cada membro da unidade familiar computable para efectos económicos, segundo se determina no artigo 14 de esta orde.

No caso de non ter obriga de presentar declaración:

1. Os solicitantes de devolución rápida (mod. 104) presentarán copia da comunicación que lles envía a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

2. As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida (mod. 104) presentarán certificación dos datos existentes na Administración, expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Cando se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, poderán presentar outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica. Naqueles casos en que por distintas razóns non se poidan acreditar as rendas dos pais con escasos recursos, será preciso un informe do asistente social do concello.

d) En caso de nenos de integración: informe do equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

e) Certificado de minusvalidez, se é o caso, só cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Outros documentos, se procede, en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:

-Cargas familiares.

-Invalidez ou minusvalideces dos pais, titores e/ou outros membros da unidade familiar, só no caso de certificados que non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

-Enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

-Situación de desemprego dos pais ou titores.

-Condición de familia monoparental, entendida como a formada polo pai/nai solteiro/a que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez.

-Ausencia do lar familiar de ambos os dous membros parenterais.

-Irmáns con praza renovada no centro.

-Familia numerosa.

g) No caso de mulleres maltratadas, informe dos servizos sociais de base e xustificación de teren presentado denuncia ante a autoridade competente.

2. De carecer de acreditación documental dalgunha das incidencias alegadas, poderase presentar informe dos servizos sociais do concello correspondente.

Artigo 7º.-Emenda.

No caso de que as solicitudes de reserva de praza ou novo ingreso non reúnan os requisitos exixidos, a delegación provincial desta consellería, consonte o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, requirirá o interesado para que, nun prazo de 10 días, emende os erros detectados, con indicación de que, se así non o fixer, terase por desistido da súa petición, logo de resolución en tal sentido.

Artigo 8º.-Baremo de admisión.

A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo III, mediante o cal se avaliarán os factores socioeconómicos, familiares e laborais da unidade familiar. En caso de obter igual puntuación, daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa, e após a aplicación deste criterio, terán preferencia as solicitudes de asistencia con servizo de comedor.

Entenderase por unidade familiar, para estes efectos, o conxunto de persoas unidas por vínculos de matrimonio ou parentesco, ou as unidades de convivencia cando constitúan núcleos estables de vida en común.

Artigo 9º.-Comisión de baremación.

1. Aplicaráselles a todas as solicitudes recibidas un procedemento de valoración. Con tal fin constituirase, en cada unha das delegacións, unha comisión provincial de baremación e selección coa seguinte composición:

Presidente: o/a xefe/a de Servizo de Familia, e Infancia e Menores.

Vogais: o/a director/a do centro e un/unha representante dos pais dos/as nenos/as do centro cuxas solicitudes se estean a baremar.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da delegación provincial designado/a polo delegado/a provincial.

Os acordos tomaranse por maioría simple e resolverá, en caso de empate, o/a presidente.

2. A dirección de cada centro convocará os pais a unha reunión, que se celebrará anualmente antes de rematar o prazo de solicitudes de reserva de praza, co fin de proceder á elección, mediante votación e por maioría simple, do/a seu/súa representante na comisión de baremación e selección.

Artigo 10º.-Relación provisoria.

A comisión, unha vez realizada a baremación, efectuará a proposta de selección, e publicará entre o 28 e o 30 de abril a relación provisoria de admitidos e lista de espera, coa puntuación obtida; correspondéndolle a resolución ao delegado provincial, xunto coa fixación de tarifa. Esta relación poderase consultar nas delegacións provinciais da consellería, así como na páxina web da Dirección Xeral de Familia (www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm) e nos respectivos centros.

Artigo 11º.-Reclamacións.

Os solicitantes poderán efectuar as reclamacións que coiden oportunas no prazo de dez días contados desde a data de publicación da relación provisoria.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 12º.-Relación definitiva.

1. Unha vez estudadas pola comisión todas as reclamacións presentadas e mediante resolución do/a delegado/a provincial, procederase á publicación na última semana de maio, da relación definitiva de admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida e tarifa correspondente a cada caso.

Esta relación poderase consultar nas delegacións provinciais da consellería, así como na páxina web da Dirección Xeral de Familia (www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm) e nos respectivos centros. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, no prazo dun mes que comezará a contar o día seguinte ao da publicación da resolución.

2. Os solicitantes admitidos disporán dun prazo de dez días a partir da publicación da admisión para confirmaren a súa praza presentando certificado médico do neno/a nas delegacións provinciais desta consellería sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaída a solicitude da praza, logo de resolución en tal sentido.

3. Con carácter xeral, o prazo máximo para resolver o procedemento previsto nesta convocatoria será de 6 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.

Artigo 13º.-Lista de espera.

1. A lista de espera estará constituída polos solicitantes que non obteñan praza na 1ª e 2ª opción, ordenados segundo a puntuación acadada no baremo de admisión.

2. As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os solicitantes en lista de espera.

3. Os integrantes da lista de espera que se inscribisen como candidatos ao Programa de Cheque Infantil serán excluídos dela ao adxudicárselles a/as praza/s participadas por este programa, aínda no caso de renunciaren a elas.

4. As solicitudes que por circunstancias sobrevidas debidamente xustificadas non se presentasen nos prazos fixados nesta convocatoria, serán tramitadas e baremadas polas comisións provinciais de selección e baremación para a súa inclusión na lista de espera, segundo a puntuación obtida.

Artigo 14º.-Tarifas.

1. Para a determinación das tarifas aplicables observarase o establecido no Decreto 70/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes desta consellería.

Para estes efectos, entenderase por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Entenderase por unidade familiar, para efectos económicos, a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos con minusvalidez superior ao 33%. No caso de familias monoparentais, e para efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

2. Todos os usuarios aboarán a contía de once mensualidades por curso, salvo as excepcións establecidas na normativa reguladora destes centros.

3. Se por calquera motivo distinto ao período de vacacións anuais, o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días hábiles consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.

4. A inasistencia do usuario durante un período determinado non supón redución ningunha nin exención da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Non obstante, e con carácter excepcional, aqueles usuarios que por motivos de saúde deixen de asistir ao centro temporalmente, estarán exentos de aboar a cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte á data de comezo do período de ausencia. Esta suspensión temporal durará ata o día primeiro do mes natural en que o usuario se reincorpore ao centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ao día 15 do mes, a cota correspondente ao dito mes reducirase nun 50%.

Nestes casos a solicitude de exención da tarifa, durante o período que corresponda, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o/a delegado/a provincial.

Artigo 15º.-Revisión da tarifa.

Ao longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:

a) Modificación das variables que determinan os descontos recollidos no decreto regulador de prezos destes centros, anexo III.3.

b) Variacións nos seus ingresos, sempre que estes sufrisen durante máis de seis meses consecutivos e mantivesen na data de revisión da tarifa unha dimi-

nución ou incremento do 25%, fronte aos ingresos declarados na solicitude de praza.

Neste sentido, o beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

A modificación da tarifa, se é o caso, será resolta polo/a delegado/a provincial e aplicarase a partir da data da súa revisión.

Artigo 16º.-Baixas.

Causarase baixa nos centros de atención á primeira infancia por algunha das circunstancias seguintes:

1. Por cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

2. Por solicitude dos pais ou representantes legais.

3. Por non pagar a cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda.

4. Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos presentados.

5. Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

6. Por falta de asistencia continuada durante un mes sen causa xustificada.

As baixas comprendidas no punto 5 anterior serán resoltas, por proposta do/a delegado/a provincial, unha vez oídas a dirección do centro e mailos pais ou representantes legais do neno/a, pola Dirección Xeral de Familia. Nos demais supostos será competente o/a delegado/a provincial.

As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que quedasen en lista de espera en cada grupo de idade, por rigorosa orde de puntuación.

Artigo 17º.-Participación dos pais.

Desde a dirección dos centros fomentarase a colaboración dos pais co centro e as relacións co persoal deste, así como a súa participación nos órganos colexiados que se puidesen crear.

Disposición derrogatoria

Quedan sen efecto todas as disposicións anteriores de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde, especialmente a Orde do 16 de febreiro de 2004.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Familia para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2005.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado

ANEXO VI

Relación de centros partícipes no Programa Cheque Infantil na comunidade autonoma no curso 2005-2006

Código do centroNome do centroEnderezoConcelloProvincia

153101A CabaniñaA Cabana, 59. SomesoA CoruñaA Coruña

153104CardoMiramar - Castrillón, 14 - baixoA CoruñaA Coruña

153105Carmen CervigónAvenida de Labañou, 2A CoruñaA Coruña

153106CorosR/ Médico Rodríguez, 5 - local 1A CoruñaA Coruña

153107CucosR/ Puerto Rico, 4 - baixoA CoruñaA Coruña

153108EnredosR/ Río Ézaro, 7A CoruñaA Coruña

153109GlobosR/ Virrey Ossorio, 41A CoruñaA Coruña

153111LapicerosR/ Tenente Coronel Teijeiro, 5A CoruñaA Coruña

153112Os PicariñosR/ Barcelona, 93 - baixoA CoruñaA Coruña

153114RapaciñosR/ Mosteiro de Caaveiro, 26A CoruñaA Coruña

153115GolfiñoR/ Curramontes, 31A CoruñaA Coruña

153116XénesisAvenida das Conchiñas, 1 - 1ºA CoruñaA Coruña

153117BolboretaEmilio González López, 76-78 - baixoA CoruñaA Coruña

153118PibesMesoiro, s/nA CoruñaA Coruña

153119Virgen del CarmenEirís de ArribaA CoruñaA Coruña

153120NazaretArquitecto Rey Pedreira, 2-4A CoruñaA Coruña

153121Esclavas Sagrado Corazón de JesúsPaseo de Ronda, 57A CoruñaA Coruña

153122A ToupiñaFuente de San Amaro, 2A CoruñaA Coruña

153123DanaPozo, 11A CoruñaA Coruña

150201Os PequesR/ Pardiñeiros, 6 - local 2. MilladoiroAmesA Coruña

150202GarabatosPolg. Ind. Milladoiro - As Palmeiras, nave 111CAmesA Coruña

150501Os CativiñosR/ Mestre Mateo, 3 - baixoArteixoA Coruña

150502VagalumeTravesía de Oseiro, 8ArteixoA Coruña

150503O BerceAvenida de Fisterra - Os Olmos, s/nArteixoA Coruña

150901Didascalio Niño JesúsR/ Guiliade, 116BetanzosA Coruña

150903PitufosAlfonso IX, 9BetanzosA Coruña

151101Praia XardínPraia Xardín, 12BoiroA Coruña

151102PitufosFernández Mato, 11BoiroA Coruña

151701ChiquitínR/ Celso Emilio Ferreiro, 29. O TempleCambreA Coruña

151702La BarcalaR/ Río Mero, 1 - baixoCambreA Coruña

Código do centroNome do centroEnderezoConcelloProvincia

151703Os PequerrechosR/ Constitución, 11-13. Paseo marítimoCambreA Coruña

151704TrasnosDrozo, 27 CCambreA Coruña

151705A Fraga EncantadaPintor Lucio MúñozCambreA Coruña

151901A LediciaAvenida Bergantiños, 33-35CarballoA Coruña

151902Os PequerrechosR/ Hórreo, 11CarballoA Coruña

152301Asunción Gómez de CastroCamiño Real da Magdalena, 11 - baixoCedeiraA Coruña

153201O Colo do VentoXoán Montes, 3 - baixo (Vilaboa)CulleredoA Coruña

153202GusiluzRibados, 9 - baixoCulleredoA Coruña

153203La CometaTemplarios, 12. O BurgoCulleredoA Coruña

153204TricicloLugar da Chanceira, s/nCulleredoA Coruña

153205Os PequerrechosJuan Rey Martínez, 2CulleredoA Coruña

154101A Casa dos NenosR/ Plácido Pedreira Álvarez, 9 - baixoA LarachaA Coruña

155301Perpetuo SocorroFonte Vella, s/nMurosA Coruña

155302MiudiñosSerres, 125 - BMurosA Coruña

155801CativosCalvario, 16 - 1º esquerdaNoiaA Coruña

155802GolfiñosCalvario, 19NoiaA Coruña

155901ReberteAvenida Rosalía de Castro, 35OleirosA Coruña

155902Santa CristinaAvenida Santa Cristina, 22 - baixoOleirosA Coruña

155903Parroquial Sta. María de OleirosAreosa, 1OleirosA Coruña

156001A GranxaRúa do Camposanto, 25 - baixoOrdesA Coruña

156002LúaCasabella, 3 - baixoOrdesA Coruña

156101TrastesR/ do Deporte, 10 - baixoOrosoA Coruña

156801CanguroR/ Alexandre Bóveda, 23 - baixoA Pobra do CaramiñalA Coruña

156802SandraR/ Venecia, 15A Pobra do CaramiñalA Coruña

157201O ParqueAs Ramblas. Edif. Ramblas. PortosínPorto do SonA Coruña

157401Os CativosRúa dos Irmandiños, 17RibeiraA Coruña

157902El Jardín de los MimosR/ Virxe da Cerca, 21 - baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157903MamiRúa dos Feáns, 9 - baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157904PaparoloCampo do Gaio, 10 - baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157905Santa Apolonia IPoza Real, 5. A RochaSantiago de CompostelaA Coruña

157906Santa Apolonia IIPoza real, 2. A RochaSantiago de compostelaA Coruña

157907SnoopyR/ García Prieto, 53 - baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157908BrincadeiraSalvadas, 47 - baixoSantiago de CompostelaA Coruña

157909Cativos 2Restollal, 26Santiago de CompostelaA Coruña

157910PicariñosA Rosa, 30 - baixoSantiago de CompostelaA Coruña

158301CantarelaPóboa - Cacheiras, 23. MontoutoTeoA Coruña

158302PopoteEdif. Solaina, Pol CacheirasTeoA Coruña

272801BambánEstrada da Granxa, 26 - baixoLugoLugo

272802Barrio Sésamo IR/ Serra Gañidoira, 41LugoLugo

272803Barrio Sésamo IIAvenida de Magoi, 118LugoLugo

272804Caixa GaliciaPolígono Sagrado Corazón, s/nLugoLugo

272805ChiquisAvenida Afonso X O Sabio, 15 - baixo MLugoLugo

272806La MurallaRúa Nova, 122LugoLugo

272807QuicosR/ Yáñez Rebolo, 75LugoLugo

272808MaghoiMarina Española esquina ArmónicaLugoLugo

273101Caixa GaliciaR/ Eduardo Pondal, s/nMonforte de LemosLugo

275601PumukyR/ Porvir, 14SarriaLugo

320801De Cero a TresAvenida de Celanova, 106 - baixoBarbadásOurense

320802Hadas e DuendesConde Vallellano, 45 - entresolladoBarbadásOurense

320901Los JuglaresVega de Cabo, s/nO BarcoOurense

320902ParrulosR/ Conde Fenosa, 88O BarcoOurense

321901Vila do ArenteiroR/ Corzos, 6O CarballiñoOurense

321902Arco IrisConde Vallellano, 45 - entresolladoO CarballiñoOurense

325101A CasiñaR/ Vasco da Ponte, 4OurenseOurense

325102ArlequínR/ Nosa Señora da Saínza, 5 - baixoOurenseOurense

325103BambiR/ Río Limia, 3 - baixoOurenseOurense

325104ColorinesR/ Teluro, 2OurenseOurense

325105LazosR/ Irmáns da Xesta, 2 - baixoOurenseOurense

325106LecerR/ Porto Carreiro, 10-12OurenseOurense

325107Los TilosR/ Alfredo Brañas, 62 AOurenseOurense

325108Mª VictoriaR/ Cadaval Valladares, 3OurenseOurense

325109Nuestra Señora de la MercedR/ Remedios, 58 - baixoOurenseOurense

325111PulgarcitoPraza Mestre Luis Fernández, 1 - baixoOurenseOurense

325112PulgarcitoR/ Río Xares, 29 - baixoOurenseOurense

325113RapaciñosR/ Padre Faustino Míguez, 6 - baixoOurenseOurense

325114CativosR/ Nosa Señora da Saínza, 32OurenseOurense

325115DecrolyPraza da Lexión, 5 - baixoOurenseOurense

Código do centroNome do centroEnderezoConcelloProvincia

325116PapaventosSan Rosendo, 1 - baixoOurenseOurense

325501Colexio MirafloresFinca Caracochas - MonterreiPereiro de AguiarOurense

328201PinochoEstrada de Laza, 71VerínOurense

328202O CastroCamiño da Glorieta, 16VerínOurense

360901BeniCamiño de San Roque, 31CangasPontevedra

361601PequenecosLugar Porto de GómezCuntisPontevedra

362701CarmiñaR/ Jaime Janer, 139 - baixoMarínPontevedra

362702VagalumeDoctor Touriño, 28 - baixoMarínPontevedra

363001MimosA Xunqueira, s/nMoañaPontevedra

363401Baby-LarAvenida do Aeroporto, 50MosPontevedra

363601PupoBernardo Vázquez, 41 - baixoNigránPontevedra

363602La GuardeManuel Lemos, 99NigránPontevedra

363603PequerrechosVilariño, s/n - A RamallosaNigránPontevedra

364401GarabatosTorneiros - RibeiraO PorriñoPontevedra

364402PelucheOurense, 7O PorriñoPontevedra

364101PasiñosTrovador Xoan García GuilladePonteareasPontevedra

364301BambyR/ San Roque de Abaixo, 1PontevedraPontevedra

364302ChiquisR/ Alcalde Hevia, 8 - baixoPontevedraPontevedra

364303El AbetoR/ Ernesto Caballero, 19 - baixoPontevedraPontevedra

364304GlobosR/ Pintor Manuel Colmeiro, 7PontevedraPontevedra

364306ParrulosPraza Fermín Bouza Brey - baixoPontevedraPontevedra

364601Las PalmerasSubida á Estación, 2 - AltamiraRedondelaPontevedra

364602RapaciñosR/ Picota, 64 - baixoRedondelaPontevedra

365001XoaniñaAltamira, 30 - baixoSalceda de CaselasPontevedra

365601La CameliaPallanes, 36TuiPontevedra

365801A CameliaRúa do Brabo, 36 - Urb. SamilVigoPontevedra

365802AbrenteR/ Xulia Minguillón, 3VigoPontevedra

365803AlveR/ Nicaragua, 50VigoPontevedra

365804BussyR/ Xoán de Bastos, 35. BeiránVigoPontevedra

365805Divino SalvadorEstrada ao Vao, 49. CoruxoVigoPontevedra

365806DumboCouto de San Honorato, 5VigoPontevedra

365807LacabaAvenida Europa, 75VigoPontevedra

365808Los OlivosR/ Marqués de Alcedo, 1VigoPontevedra

365809Los RoblesAvenida da Florida, 34VigoPontevedra

365810MeniñosR/ Barcelona, 80 - baixoVigoPontevedra

365811O CastroAtalaia do Castro, 42VigoPontevedra

365812O XardínGran Vía, 101VigoPontevedra

365813Os MilagrosR/ Portela Interior, 3VigoPontevedra

365814PitufosR/ Portela, 50VigoPontevedra

365815TartarugaGran Vía, 175VigoPontevedra

365816AceimarAvenida da Ponte, 8VigoPontevedra

365817LúaEstrada Camposancos, 250VigoPontevedra

365818Kidd's GardenGran Vía, 77VigoPontevedra

365819EsmeCouto, 37VigoPontevedra