De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito
en Santiago de Compostela o 21 de xullo de 2004 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 29 de xullo de 2004 e publicado por Resolución do 10 de agosto de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 170, do 1 de setembro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos
das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 2004, correspondentes a xubilación, fillos menores, estudos do traballador, discapacitados e vivenda.
De conformidade con isto, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás axudas de xubilación, fillos menores, estudos do traballador, discapacitados e vivenda do fondo de acción social do año 2004, que están expostas no taboleiro de anuncios de todas as consellerías, nas delegacións provinciais e relativas ao seu persoal, así como na páxina web: www.xunta.es
Segundo.-Contra as ditas listas os interesados poderán presentar reclamacións e, de ser o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no punto 2 da norma xeral de procedemento do acordo sobre criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 170, do 1 de setembro) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo o establecido no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano), Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2005.
Milagros Vázquez Tenorio
Directora xeral da Función Pública