DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 04 de marzo de 2005 Páx. 3.643

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2005, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica a composición da Comisión Consultiva do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

O Decreto 200/2004, do 29 de xullo, polo que se crea o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e se regula o Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, determina no seu artigo 10 a composición da comisión consultiva do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, establecendo que serán vogais deste órgano representantes das institucións e organizacións con representación no Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, polo que, para a efectiva posta en funcionamento do citado órgano, é necesario proceder á publicación dos seus vogais.

Para o nomeamento dos integrantes da comisión consultiva, órgano técnico de participación institucional, impulso e seguimento do plan de actuación do instituto, recibíronse por parte das institucións e organizacións que o conforman as correspondentes propostas de designación.

Por todo o anterior, e ao abeiro do disposto no artigo 7 h) do referido Decreto 200/2004, cómpre efectuar os seguintes nomeamentos, polo que, en uso das facultades que teño atribuídas por ese decreto,

RESOLVO:

Artigo 1º.-Os vogais da comisión consultiva do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral serán as seguintes persoas:

a) En representación da Administración:

-Pilar Cancela Rodríguez, directora técnica do instituto.

-Carlos Domenech de Aspe, director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.

-O/a xefe/a do Servizo de Seguridade e Saúde Laboral.

-Teresa Díaz de Atauri, xefa do Centro Provincial de Seguridade e Saúde Laboral da Coruña.

-José Antonio Gómez González, xefe do Centro Provincial de Seguridade e Saúde Laboral de Pontevedra.

b) En representación da parte social:

-Pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia):

Titular: Manuel Golpe Gómez.

Suplente: Manuel García González.

-Polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (SN de CC.OO. de Galicia):

Titular: Hortensia Álvarez Folgar.

Suplente: Xosé Manuel Valcarcel Riveiro.

-Pola Confederación Intersindical Galega (CIG):

Titular: Alfonso Tellado Sande.

Suplente: Fernando Solla Fernández.

c) En representación da parte empresarial:

Titular: Mario Cardama Barrientos.

Titular: Alberto Domínguez Royo.

Titular: Eugenio Corral Álvarez.

Suplente: José Antonio Neira Cortés.

Suplente: Sonia Pardo Díaz.

Suplente: María Botana Rocamonde.

Artigo 2º.-Realizará as funcións de secretaría da comisión consultiva Antonio Gandoy Vázquez, xefe do Centro Provincial de Seguridade e Saúde Laboral de Lugo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2005.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA