DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 03 de marzo de 2005 Páx. 3.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotelera Noroeste, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Hotelera Noroeste, S.A., con nº de código 3603872, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 29-12-2004, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, o 18-10-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 11 de xaneiro de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo de Hotelera

Noroeste, S.A. 2004-2005

Artigo 1º.-Ámbito.

Este convenio rexerá para todo o persoal que preste os seus servizos na empresa Hotelera Noroeste, S.A. nos seus centros de traballo sitos na illa da Toxa regulando as relacións entre empresa e traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia e efectos económicos.

Con independencia da data do seu asinamento e publicación nos boletíns oficiais, terá vixencia e efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2005.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio colectivo, efectuada por calquera das partes lexitimadas para facelo, realizarase por escrito en que constarán os artigos que se pretendan renegociar, ou a proposta de modificación que se solicita.

Co fin de evitar un baleiro legal, os artigos denunciados manterán a súa vixencia mentres non se substitúan por outros negociados entre as partes interesadas. Da denuncia, efectuada conforme o parágrafo primeiro, darase traslado, dentro dos tres últimos meses de vixencia do convenio, a cada unha das partes.

En caso de non se efectuar a denuncia na forma prevista, este convenio prorrogarase de maneira automática en todos os seus termos por un prazo dun ano e así sucesivamente mentres non se realice a correspondente denuncia.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Todas as condicións establecidas neste convenio teñen a consideración de mínimas. Os pactos, cláusulas, acordos ou situacións que impliquen condicións máis beneficiosas ás aquí pactadas garantiranse para aqueles traballadores que as desfruten, as cales non poderán se absorbidas nin compensadas.

Artigo 5º.-Salarios.

As táboas salariais mínimas obrigatorias para a aplicación no ano 2004 son as que figuran no anexo I deste convenio, as cales se revisarán o 31 de decembro de 2004 co diferencial entre o IPC real na dita data máis un 1% e o 3,5%.

Para o ano 2005 actualizaranse as táboas salariais de 2004 co IPC previsto polo Goberno máis un 1% con revisión o 31 de decembro de 2005 ao IPC real máis un 1%.

Artigo 6º.-Complemento de antigüidade.

Este complemento percibirao unicamente o persoal que se relaciona no anexo IV, e será como complemento por dereitos adquiridos. O complemento de antigüidade por dereitos adquiridos que se relaciona no anexo IV será considerado como condición máis beneficiosa do persoal relacionado.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense como gratificacións extraordinarias as do 15 de xullo e Nadal, que se devengarán no día laboral inmediatamente anterior ás ditas festividades e se constituirán nunha mensualidade de salario base máis a antigüidade correspondente e a diferenza salarial recoñecida.

Así mesmo, establécense 10 días de paga extra de setembro calculada sobre salario base máis complemento de antigüidade e a diferenza de soldo recoñecida, os cales se devengarán e pagarán mensualmente.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Establécese con carácter xeral e para todo o persoal un complemento de transporte de dous con trece (2,13) euros por día efectivo de traballo.

Artigo 9º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas entre as 0.00 e as 8.00 horas terán a consideración de nocturnas e, consecuen

temente, retribuiranse cun incremento do 25% sobre a contía do salario base que deriva das táboas salariais do anexo I deste convenio colectivo, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza.

Artigo 10º.-Complemento en especie (manutención).

Todo o persoal terá dereito, como gratificación de complemento de especie, a recibir con cargo á empresa e durante os días en que preste os seus servizos, a manutención.

Todo o persoal que en 31 de decembro de 1996 tivese recoñecido o dereito a substituír o desfrute del mediante o pagamento de dous con sete (2,07) euros por día efectivo de traballo, continuarao desfrutando en iguais condicións que ata esa data, sempre que así o solicite o traballador. Aqueles que non tivesen recoñecido tal dereito, ou por teren finalizado o seu contrato en data posterior, non o xerarán.

Artigo 11º.-Complemento desgaste de útiles e ferramentas.

Se a empresa non lles entrega aos seus traballadores os útiles ou ferramentas necesarios para o seu traballo e fosen propiedade destes, aboaralles en compensación polo seu desgaste a cantidade de seis con quince (6,15) euros mensuais.

Artigo 12º.-Complemento por IT por enfermidade ou accidente.

Nos supostos de incapacidade temporal por enfermidade ou accidente non laboral, a todo o persoal que teña unha antigüidade de seis meses na empresa complementaránselle as prestacións legais da Seguridade Social a que teña dereito ata acadar a contía do salario garantido que lle corresponda, de acordo coas táboas deste convenio. Esta percepción complementaria manterase durante o tempo que se manteña en vigor o contrato subscrito con esta empresa e cunha duración máxima de 18 meses, a partir do día de baixa, sempre que non faga necesaria a súa substitución.

Cando a incapacidade temporal sexa consecuencia de accidente de traballo complementaranse as prestacións legais a que teña dereito, ata acadar a contía do salario garantido que lle corresponda. Esta percepción complementaria manterase durante o tempo que se manteña en vigor o contrato subscrito con esta empresa e cunha duración máxima de 18 meses, a partir do día de baixa.

Artigo 13º.-Prima de produtividade.

Todo o persoal fixo en 31 de decembro de 2004 desta empresa percibirá unha prima de produción en relación coa táboa de incentivos que para o ano 2004 figura como anexo III deste convenio. Para o segundo ano de vixencia deste convenio, todo o persoal fixo en 31 de decembro de 2005 percibirá a devandita prima de produción en relación coa táboa do anexo III actualizada para o ano 2005; esa prima será pagada e cotizada no mes de febreiro do seguinte ano.

Artigo 14º.-Premio de vinculación.

A todos os traballadores que leven ao servizo da empresa ininterrompidamente os anos que a continuación se indican, cando cesen nela, entre os 60 anos e o mes en que cumpran os 65 anos, por calquera causa, excepto por despedimento procedente, aboaránselles como premio e recoñecemento aos servizos prestados as seguintes cantidades:

-De 5 a 9 anos de antigüidade: unha mensualidade.

-De 10 a 14 anos de antigüidade: dúas mensualidades.

-De 15 a 19 anos de antigüidade: tres mensualidades.

-A partir de os 20 anos de antigüidade: unha mensualidade máis por cada cinco anos que excedan dos 20 de referencia.

O importe de cada mensualidade farase efectivo sobre o salario mensual realmente percibido polo traballador (salario base, diferenza de soldo e antigüidade por dereitos adquiridos); se en tal data estivese en situación de baixa, xa sexa por incapacidade laboral transitoria, invalidez provisional ou outra causa, calcularase a mensualidade sobre o salario real que lle correspondería recibir se estivese traballando en activo no momento do dito cesamento. Pero se o traballador falecese, contando na data de óbito polo menos con 55 anos de idade, ou se levase 10 anos ininterrompidos ao servizo da empresa no momento da súa morte, este premio percibiríao a súa viúva, os seus fillos menores de 18 anos ou maiores de tal idade se están incapacitados para o traballo.

De non ter 15 anos cotizados na súa vida activa aos 65 anos, o prazo para ter dereito a este premio adiarase ata que o traballador cotizase os 15 anos.

As partes negociadoras aclaran expresamente que ningún dos premios deste artigo ten o carácter de externalizables.

Artigo 15º.-Seguro de vida.

O persoal fixo afectado por este convenio e que teña máis dun ano de antigüidade na empresa terá dereito ao seguro de vida que a empresa concertará cunha compañía de seguros nos seguintes termos:

Morte natural: 9.331 euros.

Morte por accidente: 9.331 euros.

Morte por accidente de circulación: 9.331 euros.

Invalidez total ou permanente para o traballo habitual: 9.331 euros.

Artigo 16º.-Fondo de comité de empresa.

Proverase o comité de empresa, para o seu funcionamento e labor social, dun fondo de cento tres (103) euros mensuais, os cales se xustificarán ao final de cada ano se a dirección da empresa o considera conveniente.

Artigo 17º.-Uniformes.

Ao persoal que a empresa lle exixa uniformidade, dotarao de uniformes en cantidade necesaria e suficiente para a súa actividade.

Artigo 18º.-Xornada laboral.

A xornada laboral durante a vixencia deste convenio será de 1.800 horas de traballo efectivo en cómputo anual, as cales serán distribuídas pola dirección e con coñecemento do comité de empresa para o mellor funcionamento da empresa, e dentro das marxes de 40 horas semanais e 2 días de descanso consecutivos. A empresa garantirá unha fin de semana de descanso ao mes como mínimo (se as necesidades do servizo o permiten).

Todo o persoal fixo na empresa terá un cuadrante de quendas e descansos anual, e o persoal eventual desde o momento do ingreso na empresa e durante a duración do seu contrato de traballo. En ambos os casos, os ditos cuadrantes deberán incluír a hora de entrada e de saída.

Segundo o disposto no artigo 34.3º do ET, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán, como mínimo, doce horas.

Artigo 19º.-Vacacións.

Serán 30 días para todos os traballadores, entendéndose eses días naturais ininterrompidos, sen prexuízo de respectar as máis amplas que, por norma, costume ou condición máis beneficiosa, viñesen implantadas. Estas vacacións deberanse desfrutar dentro do ano natural e non poderán ser compensadas en metálico.

Os traballadores que con data determinada para o desfrute das vacacións non tivesen completado un ano efectivo de servizo na empresa, desfrutarán dun número de días proporcionais ao dito tempo de servizo.

Durante as vacacións anuais, o traballador percibirá con cargo á empresa o salario real que lle corresponde por todos os conceptos. En caso de que a empresa, por necesidades do servizo, substituíse o persoal de vacacións, a súa retribución total será con cargo a ela.

As festas laborais traballadas poderán, de común acordo entre a empresa e traballadores, acumularse ás vacacións anuais ou ser desfrutadas como descanso continuado nun período distinto. No suposto de que as festas laborais se desfruten de forma continuada, a empresa respectará o descanso semanal, acumulando este ao número de festas.

As vacacións, debido á alta ocupación de verán, desfrutaranse durante todo o ano, excepto o período do 15 de xuño ao 15 de setembro, sempre que a empresa o considere oportuno.

Todo o persoal, ao comezo das vacacións, terá dereito automaticamente (sen máis requisito que comunicalo no departamento de Persoal cunha semana de antelación) a un anticipo de ata o 95% do

soldo do período de vacacións, e, no caso de coincidir o período de vacacións con algunha das pagas extras, estenderase este beneficio a elas.

Artigo 20º.-Licenzas.

Todo o persoal afectado por este convenio, incluídas as parellas de feito debidamente rexistradas no organismo oficial correspondente, logo de aviso e xustificación, terá dereito ás seguintes licenzas en días naturais:

-Por matrimonio do traballador: 15 días naturais.

-Por matrimonio de pais, fillos, irmáns ou tíos directos ou políticos: un día natural se ten lugar na mesma provincia e tres días naturais se é noutra distinta.

-Por parto de esposa: 4 días naturais se reside na mesma provincia do centro de traballo e seis días naturais se reside en provincia diferente.

-Por falecemento de cónxuxe, pais, irmáns e fillos directos ou políticos: 4 días naturais de licenza que se ampliarán a seis cando o falecemento teña lugar fóra da provincia a máis de 500 Km. de distancia.

-Por falecemento de avós: 2 días naturais.

-Por falecemento de tíos directos ou políticos: 1 día natural.

-Por hospitalización de cónxuxe, pais e fillos directos: durante o tempo de hospitalización cun máximo de 5 días naturais, podendo solicitar licenza non retribuída a partir do 5º día ata 15 días máis, despois dos cales solicitará excedencia con reserva de praza por todo o tempo exixido pola natureza da enfermidade (deberá estar debidamente xustificada con certificado do tempo de hospitalización).

-Por traslado de domicilio habitual cando sexa necesario o traslado de mobles: 1 día natural.

Artigo 21º.-Excedencias.

O persoal afectado por este convenio que leve dous anos ao servizo da empresa terá dereito a pasar á situación de excedencia voluntaria por un prazo non inferior a 1 mes nin superior a cinco anos, estando obrigado o empresario ao reingreso do excedente que o solicite polo menos cun mes de antelación á terminación do tempo de excedencia voluntaria, ata transcorridos 4 anos desde a terminación da anterior, continuando no momento do ingreso ou reincorporación coa mesma antigüidade que tiña no momento de pasar á situación de excedencia; o traballador excedente estará obrigado a non lle facer competencia ao seu empresario, salvo que a actividade profesional a realice no estranxeiro, ben entendido que a obriga a cargo da empresa de reincorporar o excedente queda supeditada a que exista vacante e que este non fixese competencia realizando traballos da súa profesión, ben para outra empresa ben como autónomo.

Artigo 22º.-Medidas sindicais/garantías.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa e delegados sindicais actualmente en

cómputo mensual (artigo 68 e).3 do Estatuto dos traballadores), serán acumuladas durante o ano en cómputo semestral, procurando que durante os meses de xullo, agosto e setembro, se realice o menor número posible de actividades sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter un local adecuado no cal poida desenvolver as súas actividades e comunicarse cos traballadores, así como varios taboleiros de anuncios para informar os traballadores de temas sociais, laborais e sindicais.

Artigo 23º.-Abuso de autoridade.

Todo traballador poderá dar conta por escrito a través dos seus representantes, á dirección da empresa, dos actos que supoñen abuso de autoridade dos seus xefes inmediatos, e/ou calquera anomalía cometida por estes ou polos seus compañeiros de traballo. Recibido o escrito, a dirección abrirá o oportuno expediente e resolverá o que proceda.

Artigo 24º.-Emprego fixo.

Con data do 31 de decembro de 2005, a empresa encóntrase obrigada a ter unha porcentaxe mínima de emprego fixo do 50% sobre o cadro de persoal medio anual de traballadores dos centros de traballo afectados por este convenio colectivo. Cando por aplicación da porcentaxe resultase unha fracción, esta redondearase á alza ou á baixa, servindo como referencia o 0,50.

Artigo 25º.-Comisión mixta paritaria.

Crearase unha comisión mixta paritaria integrada por cinco representantes da parte sindical e por cinco representantes da parte empresarial.

Os representantes da parte sindical, elixiranse mediante sufraxio de entre os membros do comité de empresa, e os da parte empresarial serán designados pola propia empresa, sempre dentro das marxes dos membros que conforman a comisión negociadora.

A citada comisión estará obrigada a reunirse cantas veces sexa necesario, por petición dunha das súas partes. Desde o momento da notificación por unha das súas partes, a outra terá un prazo de 15 días para facer efectiva a reunión.

A atribución da comisión paritaria será a da interpretación deste convenio e o seguimento da súa aplicación.

O voto da parte social da comisión paritaria deberá ter o aval da maioría dos seus membros, para ser validado.

Cláusulas adicionais

Primeira.-No non previsto neste convenio observarase igualmente o que dispón o Acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostalaría, Estatuto dos traballadores e demais disposicións de carácter xeral. No referente ás contratacións, observarase o disposto no convenio colectivo de hostalaría da provincia de Pontevedra.

Segunda.-Crearase unha comisión paritaria para o estudo das categorías profesionais e, de ser o caso, a adecuación destas.

O funcionamento desta comisión efectuarase nos termos dispostos pola comisión paritaria deste convenio colectivo.

Terceira.-Todo o persoal que con data do 20 de setembro de 2004 tivese concedido un anticipo recoñecido no anterior convenio colectivo como anticipos persoal, manterao vixente nos termos acordados nel.

Cuarta.-Reunidos na illa da Toxa o día dezaoito de outubro de dous mil catro, por parte da empresa, Carlos Aviño Simón, Carlos Cruzado Maqueda, Óscar Pubill Gómez, Francisco Marcos Carro e José Ramón Leal Doval e, por parte do comité de empresa, José Manuel Núñez Núñez, Roberto Iglesias Moldes, Roberto Martínez Ozores, Fernando Rey Caamaño, Francisco Besada Mourelos, Javier Mesego Fernández, Tomás Bea Casal, Pedro Esteban de la Iglesia, Norma Badger, Isabel Montenegro Fontoira e José Francisco Otero Mascato, acordan o asinamento deste convenio colectivo da empresa, cunha suba salarial inicial para o ano 2004 do 3,5% sobre todos os conceptos do convenio do ano 2003 cunha revisión salarial ao IPC real en 31-12-2004 máis 1%, e para o ano 2005 una suba salarial en 1º de xaneiro de 2005 do IPC previsto polo Goberno máis un 1% con revisión en 31 de decembro de 2005 ao IPC real máis un 1%. Os atrasos deste convenio abonaranse e cotizarán nunha soa paga no mes da data do asinamento. O

persoal que estivese traballando na empresa durante a vixencia deste convenio colectivo terá o mesmo dereito a recibir os devanditos atrasos.

ANEXO I

Soldo base/táboa salarial 2004

* Área funcional 1ª:

-Recepción-conserxaría:

Xefe de recepción: 1.109,77 euros.

Recepcionista: 842,28 euros.

Telefonista: 744,52 euros.

Primeiro conserxe: 842,28 euros.

Conserxe: 757,41 euros.

Conserxe de noite: 757,41 euros.

Axudante de conserxaría e recepción: 703,69 euros.

Auxiliar de conserxaría e recepción: 654,27 euros.

Aprendiz de conserxaría e recepción: 506,01 euros.

-Relacións públicas-xestión:

Relacións públicas: 989,46 euros.

Secretaría: 791,77 euros.

-Administración:

Interventor: 993,75 euros.

Oficial administrativo: 791,77 euros.

Axudante administrativo: 718,70 euros.

Aprendiz administrativo: 506,01 euros.

* Área funcional 2ª:

-Cociña:

Xefe de cociña: 1.109,77 euros.

2º xefe de cociña: 957,21 euros.

Xefe de partida: 919,59 euros.

Cociñeiro: 725,17 euros.

Repostero: 825,10 euros.

Axudante de cociña: 682,22 euros.

Auxiliar de cociña: 642,42 euros.

Axudante de 2ª ou aprendiz de cociña: 506,01 euros.

-Economato:

Encargado de economato: 804,66 euros.

Axudante de economato: 682,22 euros.

Axudante 2ª economato: 506,01 euros.

Aprendiz de economato: 506,01 euros.

* Área funcional 3ª:

-Restaurante e bar:

Xefe de restaurante, bar e similares: 1.109,77 euros.

2º xefe de restaurante, bar e similares: 957,21 euros.

Xefe de sector: 919,65 euros.

Camareiro: 901,38 euros.

Axudante de camareiro: 714,40 euros.

Axudante de 2ª ou aprendiz camareiro: 506,01 euros.

* Área funcional 4ª:

-Servizo de pisos, limpeza, office:

Gobernanta, encargado xeral: 887,40 euros.

Subgobernanta, encargado de sección: 746,64 euros.

Camareira de pisos: 676,83 euros.

Auxiliar de pisos, limpeza: 642,42 euros.

Fregadores: 642,42 euros.

Aprendiz: 506,01 euros.

-Lavandaría:

Encargada: 720,87 euros.

2ª encargada: 654,27 euros.

Lavandeiro: 642,42 euros.

Auxiliar, aprendiz lavandaría: 506,01 euros.

* Área funcional 5ª:

-Mantemento:

Encargado mantemento: 1.361,18 euros.

2º Encargado mantemento: 875,55 euros.

Oficial 1ª mantemento: 778,88 euros.

Oficial 1ª A. servizo técnico: 741,26 euros.

Auxiliar mantemento: 624,20 euros.

Aprendiz mantemento: 506,01 euros.

-Servizos auxiliares:

Pianista: 1.116,24 euros.

Garda: 665 euros.

Chofer: 875,55 euros.

Socorrista: 696,14 euros.

Disc-jockey: 696,14 euros.

* Área funcional 6ª:

-Balneario:

Médico: 1.644,80 euros.

DUE, fisioterapeuta, esteticista, coordinadora de tratamentos: 785,35 euros.

Quiromasaxista, técnico de balneario, auxiliar de clínica: 696,14 euros.

Recepcionista balneario: 696,14 euros.

Auxiliar de balneario: 590,88 euros.

Aprendiz de balneario: 506,01 euros.

ANEXO II

Relación de diferenzas de soldo recoñecidas

Andrés Bermúdez Míguez: 445,98 euros.

Francisco Ramos Valiño: 97,03 euros.

Manuel Turnes Turnes: 546,32 euros.

Santiago Mourelos Rodiño: 52,31 euros.

Mª Luz Torres Parada: 82,85 euros.

Benito Álvarez López: 86,16 euros.

Francisco Domínguez González: 50,14 euros.

Javier Fernández Otero: 80,67 euros.

José Francisco Otero Mascato: 86,16 euros.

Francisco M. Besada Mourelos: 52,31 euros.

Juan A. Domínguez Álvarez: 6,52 euros.

Juan M. Folgada Domínguez: 6,52 euros.

María Dolores Cacabelos Álvarez: 3,26 euros.

Santiago P. Prol Naveiro: 194,11 euros.

Erik Wernink: 95,94 euros.

Ovidio Riveiro Lois: 91,59 euros.

Pedro Esteban de la Iglesia: 93,77 euros.

José Otero Castro: 15,26 euros.

Gerardo Sanmartín Fernández: 99,20 euros.

Carmen Castiñeiras Fernández: 8,74 euros.

Ana Caneda Álvarez: 45,79 euros.

Marisol Rodríguez Lois: 7,65 euros.

Teresa Besada Hermida: 7,65 euros.

José Luis Boullosa Garrido: 99,20 euros.

Luis Humberto Cao Fernández: 901,79 euros.

Fernando Gondar Rey: 57,80 euros.

Francisco Lourido Molinos: 268,22 euros.

Manuel Castro Cantero: 402,35 euros.

Erundino Cardalda Troncoso: 122,13 euros.

Ramón Otero Rodiño: 93,77 euros.

Manuel Bea Oubiña: 91,59 euros.

Marcelino González Álvarez: 107,95 euros.

José Luís Piñeiro Casal: 153,74 euros.

José A. González Iglesias: 153,74 euros.

Francisco Fernández Otero: 107,95 euros.

Beatriz López González: 59,97 euros.

Mª Carmen Álvarez Ríos: 115,60 euros.

Rosa Gálvez García: 115,60 euros.

ANEXO III

Hotelera Noroeste, S.A.

Gran Hotel

Táboa de incentivos

Cifra de

vendas 2004

TramoIncentivo %ImporteIncentivo

total

Desde Ata

010.289.6010,00%00

10.289.60110.890.6010,50%54.45354.453

Cifra de

vendas 2004

TramoIncentivo %ImporteIncentivo

total

10.890.60111.491.601601.0000,85%5.10959.562

11.491.60112.092.601601.0001,20%7.21266.774

12.092.60112.693.601601.0001,55%9.31676.090

12.693.60113.294.601601.0001,90%11.41987.509

13.294.60113.895.601601.0002,25%13.523101.031

NOTAS

A cifra de vendas deflactarase en función da evolución do convenio (con iso evitarase o salto de tramo producido só pola inflación).

Ademais, estes incentivos aplicaranse considerando as instalacións actuais.

Calquera novo investimento ou ampliación de instalacións terase en conta para revisar a táboa de incentivos.

Á cifra de vendas do hotel balneario aplicaráselle a mesma porcentaxe media que se aplique ás vendas do Gran Hotel durante os anos 2004 e 2005 (igual forma de repartición que o ano 2003).

REPARTO

Do incentivo total, o 70% será repartido linealmente entre todo o personal fixo en 31 de decembro de 2004 e 2005, e o 30% restante repartirao a dirección da empresa ao seu propio criterio.

ANEXO IV

Ant. %Ant. 88Ant. 2000

ALVAREZ LOPEZ, BENITO16202,3464,79

ALVAREZ RIOS, MARIA CARMEN9202,3464,79

BADGER, NORMA0101,1764,79

BARREIRO LAPIDO, JOSE ANTONIO16202,3464,79

BEA OUBIÑA, MANUEL38253,0164,79

BERMUDEZ MIGUEZ, ANDRES28202,3464,79

BESADA HERMIDA, TERESA18202,3464,79

BESADA MOURELOS, FRANCISCO M.16202,3464,79

BOULLOSA GARRIDO, JOSE LUIS16202,3464,79

CACABELOS ALVAREZ, MARIA DOLORES16202,3464,79

CANEDA ALVAREZ, ANA18202,3464,79

CANEDA VIEITEZ, CARLOS6202,3464,79

CAO FERNANDEZ, LUIS HUMBERTO9202,3464,79

CARDALDA TRONCOSO, ERUNDINO16202,3464,79

CASTIÑEIRAS FERNANDEZ, CARMEN28202,3464,79

CASTRO CANTERO, MANUEL9202,3464,79

DOMINGUEZ ALVAREZ, JUAN A.16202,3464,79

DOMINGUEZ ALVAREZ, MARCELINO16202,3464,79

DOMINGUEZ GONZALEZ, FRANCISCO16202,3464,79

ESTEBAN DE LA IGLESIA, PEDRO16202,3464,79

FERNANDEZ FERNANDEZ, JOSE MANUEL16202,3464,79

FERNANDEZ OTERO, FRANCISCO16202,3464,79

FERNANDEZ OTERO, JAVIER16202,3464,79

FOLGADA DOMINGUEZ, JUAN16202,3464,79

GALVEZ GARCIA, ROSA9202,3464,79

GONDAR REY, FERNANDO18202,3464,79

GONZALEZ IGLESIAS, JOSE ANTONIO1630,339,73

LEAL DOVAL, JOSE RAMON16212,8564,79

LOPEZ GONZALEZ, BEATRIZ6202,3464,79

LOURIDO MOLINOS, FRANCISCO16202,3464,79

MARCOS CARRO, FRANCISCO098,2264,79

MOURELOS RODIÑO, SANTIAGO16202,3464,79

NUÑEZ NUÑEZ, JOSE MANUEL9202,3464,79

OTERO CASTRO, JOSE MANUEL28202,3464,79

OTERO MASCATO, JOSE FRANCISCO16202,3464,79

OTERO RODIÑO, RAMON3830,339,73

PIÑEIRO CASAL, JOSE LUIS16202,3464,79

PROL NAVEIRO, SANTIAGO PABLO18202,3464,79

RAMOS VALIÑO, FRANCISCO18202,3464,79

RIVEIRO LOIS, OVIDIO18202,3464,79

RODRIGUEZ DOVALO, RAFAEL0101,1764,79

RODRIGUEZ LOIS, MARISOL18202,3464,79

SANMARTIN FERNANDEZ, GERARDO28202,3464,79

TORRES PARADA, MARIA LUZ16202,3464,79

TURNES TURNES, MANUEL28202,3464,79

WERNINK, ERIK28202,3464,79