DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 02 de marzo de 2005 Páx. 3.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 25 de febreiro de 2005 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento da innovación empresarial, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2005.

Como base para a consecución dun crecemento sustentable por parte das empresas nos mercados actuais, sometidos a cambios constantes, a innovación converteuse nunha necesidade para o sustento da competitividade empresarial.

A tecnoloxía e a innovación constitúen, neste contexto, variables que deben ser enfocadas de xeito estratéxico, que debe abranguer a planificación, o coñecemento do proceso innovador, os factores que inciden nel, así como a formulación da estratexia innovadora e a xestión das tecnoloxías que se van utilizar.

O obxecto desta convocatoria de axudas é contribuír á mellora da competitividade das empresas galegas, prestando un servizo de financiamento a aqueles proxectos empresariais enfocados de xeito estratéxico e cunha implicación integral das organizacións, co obxecto de mellorar as técnicas de xestión, os procesos de produción e fabricación, xerando novos produtos e servizos, contribuíndo á xeración de coñecemento, enfocando o deseño de forma estratéxica, mellorando as relacións cliente-provedor, promovendo estratexias de márketing, e xogando en todo este proceso un papel fundamental a cooperación entre as empresas, como parte das políticas de apoio horizontal fomentadas desde a Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

O contido desta orde axústase ao establecido polo Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e financiarase coa participación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e, en consecuencia, a súa tramitación quedará condicionada ao cumprimento do sinalado na normativa da Unión Europea.

En consecuencia e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento da actividade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia mediante o apoio á innovación empresarial, e ao desenvolvemento de proxectos intensivos en tecnoloxía, que contribúan á mellora da competitividade e ao fortalecemento do tecido empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2005.

Artigo 2º.-Aplicacións orzamentarias.

Para a concesión das axudas, propias das actuacións que se convocan para o exercicio de 2005, que terán a modalidade de subvención, destinaranse os créditos globais correspondentes ás aplicacións orzamentarias que se mencionan, coa seguinte distribución:

AplicaciónDenominaciónAno 2005

(euros)

Ano 2006

(euros)

no 2007

(euros)

08.03.712B.772.0Apoio á innovación en sistemas, técnicas de xestión e cooperación empresarial1.000.000,00700.000,00600.000,00

08.03.712B.772.1Apoio á innovación en tecnoloxías de proceso15.669.684,0010.968.778,809.401.810,40

08.03.712B.772.2Apoio á innovación en tecnoloxías de produtos e mercado734.513,95514.159,77440.708,37

TOTAL: 17.404.197,9512.182.938,57FP3 110.442.518,77

No financiamento do crédito sinalado na partida 08.03.712B.772.1 existe unha participación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) por un importe de 4.489.870,70 A.

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Dadas as características do obxecto desta orde, as axudas que se convocan poderán solicitarse para proxectos e actuacións plurianuais, de acordo co indicado no artigo 7º da convocatoria, cando parte do proxecto ou actuación se realice no ano 2005 e se solicite axuda para o devandito exercicio.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias as empresas de carácter industrial ou de servizos conexos coa industria que

estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega así como as agrupacións de empresas que individualmente reúnan os anteriores requisitos.

Non terán a condición de beneficiario as asociacións de empresas ou calquera outra entidade sen ánimo de lucro.

As agrupacións de empresas que carezan de personalidade xurídica deberán facer constar na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación que terán igualmente a condición de beneficiarios. En calquera caso deberá nomearse un representante ou apoderado único, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación.

Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 23 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. A xustificación de non estar incursos nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.

Para a clasificación das empresas segundo o seu tamaño, actuarase de acordo coa Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003 (DOCE do 20 de maio de 2003) sobre definición de microempresas, pequenas e medianas empresas.

En todo caso, haberá que estar ao disposto na normativa da Unión Europea en relación cos sectores considerados como sensibles.

Artigo 4º.-Definición dos proxectos obxecto das axudas.

Primeiro.-Serán susceptibles de axuda os proxectos que se encadren nalgunha das seguintes tipoloxías, tendo en conta o disposto con carácter xeral nesta orde sobre gastos subvencionables e subcontratación.

A) Proxectos de innovación empresarial.

Serán subvencionables os proxectos de innovación empresarial que teñan por obxecto a posta no mercado de novos produtos e/ou a implantación de novos procesos ou melloras substancialmente significativas dos existentes, así como a incorporación de procedementos eficientes de xestión empresarial.

Consideraranse tamén os proxectos de explotación de resultados de I+D que cubran a etapa comprendida entre a obtención de resultados de I+D e a súa implantación en produción.

As actuacións que se desenvolvan estarán orientadas á obtención dos seguintes resultados: incremento da produtividade, incremento do grao de coñecemento estratéxico da empresa, mellora da calidade, diversificación sectorial, incremento da área de negocio, acceso a novos mercados e, en xeral, á mellora da competitividade empresarial.

Non terán a consideración de proxectos de innovación aqueles que consistan unicamente na adquisición de maquinaria tecnoloxicamente avanzada se diso non deriva unha mellora significativa do proceso ou do produto.

A.1. Gastos subvencionables

Consideraranse investimentos subvencionables os seguintes:

a) Adquisición de activos fixos novos, tales como maquinaria e bens de equipamento relacionados directamente coa actividade que constitúe o obxecto social da empresa, incluíndo os correspondentes á potenciación de laboratorio, oficina técnica, enxeñería e loxística, sempre que sexan de primeiro uso.

b) Instalacións relacionadas coa maquinaria inherente ao proxecto.

c) Gastos de consultoría externa para:

-Realización de diagnósticos para identificación de oportunidades de mellora.

-Sistemas loxísticos de fornecemento e distribución, entendéndose como tales a organización do fluxo de materiais (externo e interno) e da información asociada.

-Xestión do coñecemento, debendo cubrir todas as fases (identificación, captura, avaliación, distribución e aplicación do coñecemento)

-Deseño do produto: características funcionais, estéticas e/ou ergonómicas de novos produtos ou redeseño destas características en produtos xa existentes.

-Análise para a substitución de materiais e análise do ciclo de vida.

-Simulación de proceso e prototipado rápido.

-Estudos de benchmárking.

-Estudos de sistemas de xestión da innovación, selección e implantación de ferramentas de previsión tecnolóxica.

-Realización de diagnósticos e avaliacións para a busca de liñas de cooperación entre empresas.

d) Traballos de carácter técnico encomendados a servizos externos, tales como centros de investigación, laboratorios externos, etc.

e) Gastos de persoal propio destinado ao proxecto cun límite do 10% dos gastos totais subvencionables sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e o seu vínculo coa execución do proxecto.

f) Outros gastos suplementarios directamente derivados do proxecto ou actuación e que, á vista da solicitude presentada, se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento (formación específica impartida por axentes externos, adquisición de licenzas de explotación, etc.).

A.2. Gastos non subvencionables.

Non serán considerados como subvencionables, de ser o caso e con carácter xeral, os seguintes investimentos e gastos, segundo conceptos:

a) Adquisición de terreo.

b) Urbanización e obra civil.

c) Adquisición de edificio, nave ou local.

d) Os gastos financeiros como consecuencia do investimento.

e) Investimentos en equipamentos usados.

f) Transporte exterior e interior.

g) Mobiliario en xeral.

h) Adquisición de activos de empresas ou sociedades que formen parte do mesmo grupo.

i) Redacción do proxecto de obra civil e dirección facultativa.

j) Gastos destinados á implantación e certificación de sistemas de xestión da calidade que dispoñen dunha liña específica de axudas nesta consellería,

a través dun convenio aberto de colaboración coas empresas avaliadoras da conformidade, para o fomento da certificación en Galicia.

k) Aqueles que, a xuízo da comisión de valoración, resulten de carácter xeneralista e escasamente innovadores e que acheguen, unicamente, cualidades ou capacidades básicas para o correcto funcionamento das liñas de produción, ou dos distintos equipos.

En ningún caso se entenderán como susceptibles de apoio os investimentos en activos procedentes de sociedades do mesmo grupo.

A.3. Investimento subvencionable mínimo.

Establécese unha contía de investimento subvencionable mínimo de 150.000 euros para cada un dos proxectos, por debaixo da cal non serán atendidas solicitudes ao abeiro desta orde.

A.4. Criterios de avaliación.

Os proxectos serán obxecto de avaliación pola comisión que se determina no artigo 12º desta orde de acordo cos seguintes criterios de avaliación, establecidos por orde decrecente de importancia:

* Innovación, novidade do proxecto ou implantación en produción dos resultados de investigacións e desenvolvementos efectuados pola empresa.

* Os investimentos realizados polas empresas que desenvolvan novas actividades de diversificación empresarial.

* A implantación de procesos que aumenten a competitividade e a calidade dos produtos.

* A incorporación ou potenciación do deseño industrial na empresa.

* Os recursos, medios necesarios e persoal da empresa para o desenvolvemento do proxecto.

* Viabilidade económica e financeira do proxecto.

* Plan de explotación de resultados.

* Melloras ambientais.

A.5. Réxime de axudas.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, determinándose os beneficiarios e a súa contía en función dos criterios de avaliación establecidos no punto anterior.

A.6. Financiamento.

Para o financiamento destas actuacións destinarase un mínimo de 5.000.000 de A con cargo aos créditos consignados no artigo 2º desta orde.

A.7. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 22 de abril de 2005, inclusive.

B) Proxectos singulares intensivos en tecnoloxía.

Serán subvencionables os proxectos de investimentos superiores a 1.500.000 A en maquinaria e bens de equipamento tecnoloxicamente avanzados que se desenvolvan mediante a implantación de novas empresas ou ampliación das existentes para a instalación de novas liñas completas de produción e que contribúan ao desenvolvemento industrial da

comunidade autónoma polo seu importante efecto de arrastre e a súa contribución á creación ou mantemento do emprego.

B.1. Gastos subvencionables.

Consideraranse investimentos subvencionables os seguintes:

a) Adquisición de activos fixos novos, tales como maquinaria e bens de equipamento relacionados directamente coa actividade que constitúe o obxecto social da empresa, incluíndo os correspondentes á potenciación de laboratorio, oficina técnica, enxeñaría e loxística, sempre que sexan de primeiro uso.

b) Instalacións relacionadas coa maquinaria inherente ao proxecto.

c) Outros gastos suplementarios directamente derivados do proxecto ou actuación e que se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento.

B 2. Gastos non subvencionables.

Non serán considerados como subvencionables, de ser o caso e con carácter xeral, os seguintes investimentos e gastos, segundo conceptos:

a) Adquisición de terreo.

b) Urbanización e obra civil.

c) Adquisición de edificio, nave ou local.

d) Os gastos financeiros como consecuencia do investimento.

e) Investimentos en equipamentos usados.

f) Transporte exterior e interior.

g) Mobiliario en xeral.

h) Redacción do proxecto de obra civil e dirección facultativa.

i) Aqueles que, á xuízo da comisión de valoración, resulten de carácter xeneralista e escasamente innovadores e que acheguen, unicamente, cualidades ou capacidades básicas para o correcto funcionamento das liñas de produción, ou dos distintos equipamentos.

En ningún caso se entenderán como susceptibles de axuda os investimentos en activos procedentes de sociedades do mesmo grupo.

B.3. Criterios de avaliación.

Os proxectos serán obxecto de avaliación pola comisión que se determina no artigo 12º desta orde de acordo cos seguintes criterios de avaliación, establecidos por orde decrecente de importancia:

* A capacidade de arrastre sobre outras actividades económicas ou empresariais e a súa contribución de xeito excepcional á evolución normal dos sectores industriais.

* Os investimentos en proxectos que contribúan ao peche da cadea de valor dentro de sectores implantados na comunidade galega.

* Innovación, novidade do proxecto ou a implantación en produción dos resultados de investigacións e desenvolvementos efectuados pola empresa.

* Calidade e viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto.

* Contribución á creación e mantemento do emprego.

* Medidas de melloras ambientais.

B.4. Réxime de axudas.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, determinándose os beneficiarios e a súa contía en función dos criterios de valoración establecidos no punto anterior.

B.5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de maio de 2005, inclusive.

Poderá establecerse un novo prazo de presentación de solicitudes cando, unha vez resoltas todas as presentadas no prazo establecido, exista crédito dispoñible.

Segundo.-Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, en relación cos gastos subvencionables deberá terse en conta o seguinte:

Consideraranse gastos subvencionables os que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable, e se realicen dentro do prazo establecido nesta orde.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros, no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción de compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude de subvención, realizarase conforme cos criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Terceiro.-O órgano instrutor poderá reasignar de oficio as solicitudes presentadas a unha tipoloxía diferente da consignada polo solicitante cando estime que o seu encaixe é máis adecuado e se cumpran os requisitos exixidos naquela. A reasignación comunicaraselle ao interesado e requirirá a súa aceptación para levala a efecto.

Artigo 5º.-Subcontratación das actividades subvencionadas aos beneficiarios.

Será de aplicación o disposto no artigo 29º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Para os efectos desta orde non se entende por subcontratación a adquisición por parte do beneficiario de maquinaria e bens de equipamento nin a contratación de servizos externos para realizar as actividades subvencionables especificadas no artigo 4º.

Artigo 6º.-Contía das axudas.

As axudas poderán acadar, con carácter xeral, unha contía máxima do 40% do investimento subvencionable para cada proxecto.

Artigo 7º.-Ámbito temporal e actuacións plurianuais.

Poderán acollerse á presente orde as actuacións que se describen no artigo 4º desta, sempre que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2005 e a data de xustificación dos investimentos establecida no artigo 17º desta orde.

Poderán concederse subvencións plurianuais para proxectos que superen o exercicio de 2005. Para iso estableceranse os correspondentes compromisos de gasto dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución do investimento, aténdose ao disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro.

Para as actuacións plurianuais entenderase que os investimentos realizados desde a data límite de xustificación do exercicio corrente ata o final de ano corresponderán á anualidade seguinte e, por tanto, poderanse presentar para o cobramento da devandita anualidade.

Artigo 8º.-Obtención dos formularios normalizados de solicitude.

Os formularios de solicitude de axuda regulados nesta orde serán cubertos e obtidos necesariamente polo solicitante a través da aplicación informática Internet expres (Procedemento IN510A) establecida na Oficina virtual desta consellería, situada no enderezo da internet: http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm da Xunta de Galicia.

Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes.

Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, a través do teléfono 981 95 73 82 ou 981 54 55 55, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas.tecnoloxia.2005*xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación por escrito de solicitudes.

Artigo 9º.-Documentación.

Os solicitantes deberán presentar por triplicado exemplar, incluíndo orixinal ou copia compulsada e dúas copias, a seguinte documentación:

1. Formularios normalizados de solicitude (composto polos anexos I, II e III obtidos a través da aplicación informática sinalada no artigo anterior debidamente asinados polo/polos representante/s legal/legais da empresa.

Estes formularios presentaranse sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscaduras no seu formato orixinal, o que será causa de inadmisión a trámite.

2. Documentación técnica relativa ao proxecto (3 exemplares en papel e 1 en soporte informático, que poderá ser diskette, CD ou DVD):

2.1. Memoria explicativa, en que se especificarán, como mínimo, todos os elementos que se determinan como anexo IV desta orde e que servirán para a valoración do proxecto.

Co obxecto de garantir a igualdade nun procedemento en concorrencia competitiva entre os proxectos presentados ata a finalización do prazo de presentación establecido na convocatoria, non se procederá á tramitación daquelas solicitudes que non veñan xunto coa memoria explicativa do proxecto. A dita memoria non será obxecto de emenda ou posterior mellora da documentación que conteña.

2.2. Orzamentos e ofertas desagregados de cada un dos provedores que deberán cumprir co disposto no punto segundo do artigo 4º desta orde.

3. Documentación xurídico-administrativa do solicitante:

3.1. CIF da empresa ou NIF/NIE no caso de empresario individual, en vigor.

3.2. Documento público acreditativo do poder suficiente para actuar ante a Administración pública da/s persoa/s física/s que actúe/n en nome e representación dunha persoa xurídica. A dita documentación deberá estar en vigor.

3.3. Fotocopia do DNI/NIE, en vigor, do representante. No caso de poder mancomunado deberán achegarse as fotocopias dos DNI/NIE, en vigor, dos ditos representantes.

3.4. Acreditación de non estar incurso nalgunha das prohibicións recollidas nos puntos 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que deberá efectuarse mediante a/s sinatura/s da declaración recollida no anexo III da solicitude de subvención. Faise notar que, para o caso de proxectos para desenvolver por agrupacións de empresas, a documentación deste punto, deberá ser presentada por todas as entidades participantes no proxecto.

3.5. No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

3.6. No caso de solicitudes en que parte do proxecto sexa desenvolvida por unha empresa externa, deberase incluír acreditación da entidade que rea

lizará os traballos (declaración onde conste transcrición literal do obxecto social do provedor, persoal e centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, así como traballos realizados nos dous últimos anos en relación coas mencionadas actuacións).

3.7. Certificados acreditativos de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. Non será necesario presentalos se o solicitante autorizou expresamente no anexo III da solicitude para que os seus datos tributarios coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Consellería de Economía e Facenda así como coa Seguridade Social, sexan obtidos por esta consellería.

De acordo co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación que xa se encontre en poder desta consellería, sempre que se manteña vixente e se identifique nos formularios de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada (en ningún caso poderá esta documentación ser anterior á anualidade de 2003), este sinalamento implica a autorización para que o órgano xestor requira esta documentación.

No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio garante a confidencialidade dos datos recollidos na documentación recollida para as solicitudes de axuda.

Artigo 10º.-Presentación de solicitudes e documentación.

A presentación de solicitudes poderá facerse, á elección do solicitante, por vía escrita ou por vía telemática, do seguinte xeito:

1. Vía escrita (en soporte papel):

Para formalizar a solicitude, logo de obter e de cubrir os formularios de acordo co artigo 8º desta orde, o interesado presentará a documentación sinalada no artigo anterior por triplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e dúas copias) dirixida ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, e presentarase no rexistro xeral dos servizos centrais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, no das delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Vía telemática (por medios electrónicos):

A vía telemática establécese como un mecanismo de presentación nun trámite único para aqueles solicitantes que reúnan os seguintes requisitos:

1. Será necesario que o presentador sexa unha persoa física que teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante, e como tal figure identificado nos formularios normalizados de solicitude. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que co seu asinamento baste para acreditar a vontade do solicitante. Para o caso de proxectos para realizar por agrupacións de empresas, esta representación será asumida polo representante legal da entidade coordinadora do proxecto.

2. O presentador deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre -Real Casa da Moeda, conforme o disposto no Decreto 200/2003, do 20 de marzo.

3. O solicitante deberá estar exento de presentar a documentación xurídico-administrativa á que se fai referencia nos puntos 3.1., 3.2., 3.3., 3.4. 3.5. e 3.7. do artigo 9º desta orde de axudas, por encontrarse xa en poder desta consellería. Neste caso sinalará nos formularios de solicitude esta circunstancia. Faise notar que para o caso de proxectos para desenvolver por agrupacións de empresas, a documentación sinalada no punto 3.4. do artigo 9º da convocatoria, deberá ser presentada por todas as entidades participantes no proxecto.

A presentación da solicitude por vía telemática implica a autorización para que o órgano xestor realice de oficio, ante as administracións pertinentes, as xestións para a obtención dos certificados de cumprimento de obrigas tributarias estatais, autonómicas e coa Seguridade Social exixidas no artigo 78.4º c) así como no último parágrafo do artigo 78.8º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, sen prexuízo do disposto no artigo 15º c) desta orde.

Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática internet expres (procedemento IN510A) establecida na Oficina Virtual desta consellería, situada no enderezo de internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm da Xunta de Galicia, onde se disporá dos medios de axuda á presentación de solicitudes. Tamén poderá accederse a esta vía desde o enderezo: http://www.xunta.es/servizos/index.htm en Administración electrónica facendo uso do Rexistro telemático (procedemento IN510A).

Xunto cos formularios de solicitude, deberá anexar necesariamente a memoria á que se fai referencia no punto 2. e 3.6. do artigo 9º desta orde. Para isto a aplicación de presentación permitirá anexar á solicitude arquivos informáticos cunha limitación de tamaño de 1 MB, sempre que se presenten nos seguintes formatos: «.pdf», «.doc», «.ppt», «.txt», recomendándose o emprego do primeiro formato.

Unha vez asinados co certificado dixital do presentador os formularios normalizados e todos os documentos que acompañen a solicitude procederase á transferencia telemática da devandita documentación ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, creado polo Decreto 200/2003, do 20 de marzo. Unha vez completado o proceso de transferencia telemática, efectuarase a anotación correspondente no Rexistro de Entrada.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación, conforme ao citado Decreto 200/2003.

No caso de utilizar a vía telemática para a solicitude, o interesado tamén poderá empregar esta vía para a recepción de notificacións desta consellería e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda, excepto os escritos e documentación referente ao proceso de xustificación dos investimentos (artigo 17º) no que non se recolle a presentación telemática.

Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase nos formularios normalizados a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web institucional da Xunta de Galicia, nos enderezos indicados neste artigo para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a aceptación de entrega das notificacións (xustificante de recepción telemático).

Artigo 11º.-Emenda de solicitudes.

Se a documentación presentada fose incompleta ou presentase erros emendables, requirirase o solicitante que, no prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixese, terase por desistido da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

Artigo 12º.-Instrución e selección de solicitudes.

Corresponde á Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial ou, de ser o caso, ás delegacións provinciais, a instrución do procedemento de concesión de subvencións, que desenvolverán de oficio cantas actuacións consideren necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.

Co obxecto de cumprir o principio de concorrencia competitiva, conforme co disposto no artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, as solicitudes serán examinadas por unha comisión de valoración que se axustará aos preceptos contidos no título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común. Esta comisión estará constituída polos seguintes membros:

-Presidente: o director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

-Cinco vogais: 1 subdirector xeral e un funcionario con coñecemento na materia por cada delegación provincial, designados polo delegado provincial correspondente.

-Secretario: un xefe de servizo da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Esta comisión tendo en conta os criterios de valoración establecidos emitirá un informe razoado en que se concrete o resultado da avaliación efectuada. Este informe conterá unha relación ordenada dos proxectos que merezan ser financiados, na que se incluirá unha proposta de orzamento para eles, que será determinado segundo criterios de máxima eficiencia na asignación de recursos, e unha relación de proxectos non financiables.

O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de avaliación emitido, formulará proposta de resolución motivada.

Artigo 13º.-Resolución.

Á vista da proposta de resolución, o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, ou, de ser o caso, o delegado provincial, ditará a resolución que proceda, motivada, con indicación do obxecto e importe do proxecto subvencionado, a porcentaxe de axuda concedida e a contía desta e, no caso de que teña carácter plurianual, as cantidades outorgadas con cargo aos orzamentos de exercicios posteriores. A dita resolución poderá establecer condicións técnicas e económicas de obrigada observancia para a realización do proxecto.

De acordo co establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, delégase esta competencia nos delegados provinciais, ata o límite dos créditos que se desconcentren.

Sen prexuízo dos recursos que procedan, o beneficiario da axuda deberá aceptala no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa notificación. No caso contrario, entenderase que renuncia á axuda concedida e procederase de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A aceptación da axuda formalizarase mediante un documento asinado polo beneficiario no que este se comprometa a cumprir todas as condicións establecidas nesta orde e, de ser o caso, na resolución de concesión.

O prazo máximo para resolver e notificarlles aos interesados a resolución expresa será de seis meses a partir do día seguinte ao que finalice o prazo de presentación de solicitudes. O vencemento do citado prazo, sen que se notifique a resolución expresa, lexitima ao interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

As resolucións de concesión serán publicadas no Diario Oficial de Galicia con expresión da convo

catoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade/es da subvención.

Artigo 14º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

Cando por circunstancias técnicas se varíe o contido específico dos investimentos ou actuacións recollidas no proxecto inicial as ditas variacións incidan no investimento subvencionable, o beneficiario deberá solicitar a modificación que proceda antes do 15 de setembro, inclusive, da anualidade correspondente.

A conformidade expresa da Consellería de Innovación, Industria e Comercio ás mencionadas modificacións requirirá informe favorable da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, e só será outorgada cando non alteren significativamente o proxecto inicial e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade desta orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

Artigo 15º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.

b) Acreditar, perante a entidade concedente, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamente a axuda así como dos requisitos o condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso de reposición.

c) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento que se encontra ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración

pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións realizadas pola administración desen como resultado que o solicitante ou beneficiario teña débedas, requirirase ao solicitante ou beneficiario para que regularice a súa situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa axuda concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

e) Comunicar á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos públicos.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

h) Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento, en concreto as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren con respecto ao proxecto subvencionado, o cofinanciamento dos seus activos con fondos europeos Feder, de ser o caso, así como pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Artigo 16º.-Concesión de anticipos e constitución de garantías.

Poderanse conceder anticipos de ata o 50% da subvención concedida para a correspondente anualidade, a aqueles beneficiarios que obtivesen axudas para as actividades definidas no artigo 4º naqueles casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos, de acordo co establecido no artigo 16.2.3 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para solicitar o anticipo será dun mes a partir do día seguinte ao da data de recepción da notificación de concesión da subvención.

A concesión do anticipo farase por resolución motivada desta consellería, que será notificada para que, nun prazo de 15 días a partir desta notificación, presenten o xustificante acreditativo da constitución de garantía mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca e que ten que ser depositado na Caixa Xeral

de Depósitos da Xunta de Galicia, segundo se establece no artigo 17º do mencionado Decreto 287/2000; todo isto sen prexuízo das demais condicións específicas que se recollen nesta orde e as que, de ser o caso, se inclúan na resolución.

O importe da garantía deberá cubrir o importe do anticipo xunto cos xuros deste calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento de concesión e polo prazo que medie entre a data de presentación da solicitude do anticipo e como mínimo aquela en que se cumpran dous meses desde o final do prazo de xustificación da anualidade para a que se concedeu o anticipo.

A garantía será liberada unha vez xustificada e comprobada a realización do investimento ou a actividade obxecto de axuda.

Artigo 17º.-Xustificación do investimento.

O beneficiario terá de prazo ata o 4 de novembro inclusive da anualidade que corresponda.

Para o libramento de cada anualidade, o beneficiario deberá presentar, na respectiva delegación provincial ou nos servizos centrais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención. Poderase tamén presentar a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta documentación xustificativa, sen prexuízo do establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que se presentará por duplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e unha copia), constará dos seguintes documentos:

a) Solicitude de libramento da axuda (modelo dispoñible no enderezo da internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm) na epígrafe impresos.

b) Memoria en que se describa a realización do investimento e os datos e incidencias máis significativos habidos na súa execución.

c) Xustificantes da realización do proxecto: os investimentos realizados xustificaranse mediante as facturas dos provedores en relación cos investimentos subvencionados, emitidas dentro do período sinalado no artigo 7º desta orde. As devanditas facturas acompañaranse dos xustificantes acreditativos do pagamento, admitindo como tal transferencia bancaria, certificación bancaria orixinal ou extracto de pagamento realizado entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación, en que queden claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento.

Admitiranse así mesmo, facturas e pagamentos electrónicos sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario.

No caso de existir custos de persoal con destino específico ao proxecto, deberá achegarse certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, consistente nunha relación, detallada por meses, do per

soal dedicado ao proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa, data de pagamento á Seguridade Social e custo total imputado ao proxecto (retribucións + Seguridade Social) segundo a dedicación de cada traballador a este. Poderanse requirir xustificantes de pagamento relativos aos datos que figuran na mencionada certificación.

d) Para todas aquelas actuacións intanxibles deberase entregar, así mesmo, unha copia de cada un dos estudos, diagnósticos, manuais, etc. que se realizasen ou desenvolvesen.

e) Declaración de axudas obtidas ou solicitadas para o mesmo investimento en calquera outra administración, organismos ou entes públicos ou privados. No caso de ser beneficiario dalgunha axuda para a mesma actuación, deberá presentarse a documentación necesaria para a súa valoración para os efectos do cálculo da súa concorrencia coa axuda outorgada.

f) Certificación expedida pola entidade bancaria de titularidade da conta onde se debe realizar o pagamento, en que conste a razón social e CIF da empresa así como o código de banco, código de sucursal, díxito de control e código de conta corrente.

g) Certificados acreditativos de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. Non será necesario presentalos se o solicitante autorizou expresamente no anexo III da solicitude para que os seus datos tributarios coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Consellería de Economía e Facenda así como coa Seguridade Social sexan obtidos por esta consellería.

h) O beneficiario de calquera subvención plurianual, en que o importe total supere os 30.050,61 euros, deberá presentar ademais o xustificante acreditativo do depósito na Caixa Xeral de Depósitos, do seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que garanta o importe da anualidade da que se estea tramitando o pagamento, así como os seus correspondentes xuros (xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea vixente nese momento), por un prazo que deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación da última das anualidades da subvención.

i) Para o caso de proxectos presentados por agrupacións de empresas sen personalidade xurídica, a documentación sinalada nos puntos anteriores, deberá ser presentada pola entidade coordinadora do proxecto. Así mesmo, na documentación correspondente as letras a), b) e c) deberá quedar plasmada a participación nas actuacións e investimentos correspondentes ao proxecto de todas as entidades participantes.

j) Calquera outro documento que se requira durante a tramitación do expediente para a verificación do proxecto.

Artigo 18º.-Pagamento das axudas.

A percepción da axuda terá lugar unha vez que os servizos técnicos da Consellería de Innovación, Industria e Comercio verifiquen a documentación xustificativa de cumprimento da realización do proxecto subvencionado e dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión.

Para o caso de proxectos realizados por agrupacións de empresas, o incumprimento das condicións de participación dalgunha das entidades en canto a execución das actuacións e realización dos investimentos correspondentes ao desenvolvemento do proxecto, establecidas na resolución de concesión, poderá dar lugar á revogación da subvención concedida, así como á devolución dos anticipos concedidos xunto cos seus xuros, de ser o caso.

Así mesmo, para as subvencións de capital superiores aos 60.101,21 euros, destinadas a investimentos en activos tanxibles, o órgano xestor correspondente emitirá informe de comprobación material do investimento. Excepcionalmente, esta comprobación material poderase substituír por unha xustificación documental, que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada, tal e como recolle o artigo 15.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.

Así mesmo, para as actuacións subvencionables destinadas á adquisición de sistemas de fabricación completos e/ou bens de equipamento, cando a entrega destes no exercicio corrente exixa o pagamento de calquera tipo de anticipos en exercicios anteriores, os ditos pagos consideraranse parte do investimento deste exercicio.

Artigo 19º.-Incompatibilidades. Concorrencia de axudas públicas.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería.

O importe da subvención neta equivalente ás empresas, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, non poderá superar o máximo de intensidade rexional, 40% sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade nesta orde.

No caso de axudas a empresas PEME, engadiráselle un 15% adicional ao dito límite, de acordo coas directrices sobre axudas de Estado de finalidade rexional (98/C 74/06) en relación co mapa de axudas de finalidade rexional para o período

2000-2006 en España, aprobado pola Comisión Europea/axuda de Estado número 773/99. Os ditos límites máximos aplicaranse tanto se a axuda provén integramente de fontes nacionais como se foi cofinanciada con fondos comunitarios (punto 4.21º directrices comunitarias sobre axudas de Estado ás pequenas e medianas empresas. DOCE nº 213, do 23 de xullo de 1996).

Enténdese por subvención neta equivalente o beneficio último que a axuda debería proporcionarlle á empresa unha vez deducido o imposto sobre sociedades aboado en concepto da dita axuda.

Artigo 20º.-Reintegro da axuda.

1. Non se poderá exixir o pagamento da axuda concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora percibidos desde o seu pagamento nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ao beneficiario con motivo da concesión de axuda.

2. Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima de investimento subvencionable que se estableza.

3. O procedemento de reintegro tramitarase de acordo co establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

4. As cantidades que os beneficiarios deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 21º.-Fiscalización e control.

A concesión das axudas reguladas nesta orde estará sometida ao exercicio da función interventora e do control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos establecidos no capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 22º.-Réxime sancionador.

As infraccións administrativas cometidas en relación coas axudas e subvencións reguladas nesta orde sancionaranse de conformidade co disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 23º.-Réxime de recursos.

As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados ao abeiro do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e contra delas caberá:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, segundo sexa o caso.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se é expresa ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

E todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que consideren procedente.

Artigo 24º.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto nesta orde, haberá que aterse ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro; o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; a Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial para que dite as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO IV

ÍNDICE DA MEMORIA DO PROXECTO

1. Descrición da empresa.

1.1. Obxecto social.

1.2. Actividade da empresa.

1.3. Data de constitución da empresa e de inicio da actividade.

1.4. Epígrafes do imposto de actividades económicas en que se encontra dada de alta.

1.5. Data da inscrición patronal na seguridade social.

1.6. Descrición da estrutura organizativa da empresa.

1.7. Empresas filiais ou participadas.

1.8. Certificacións de calidade que posúe.

1.9. Empregados eventuais ou fixos, número e titulacións académicas dos empregados.

1.10. Actividades de formación desenvolvidas pola empresa nos últimos anos.

1.11. Produtos que ofrece actualmente a empresa. Descrición e contribución destes á facturación.

1.12. Materias primas necesarias para a produción. Localización xeográfica dos provedores.

2. Estratexia empresarial

2.1. Aspectos xerais do sector. Evolución previsible. Situación da empresa en relación aos seus competidores

2.2. Caracterización de mercados ou segmentos de mercado.

3. Definición do proxecto.

3.1. Descrición do proxecto e necesidade deste. Estado da arte no sector, a nivel nacional e internacional.

3.2. Obxectivos estratéxicos do proxecto. Estes deben ser medibles e verificables, débese xustificar a orixinalidade do proxecto e xustificar as innovacións.

3.3. No caso de que o proxecto que se vai realizar teña como orixe resultados de I+D empresarial, explicar brevemente as investigacións anteriores realizadas, convocatorias públicas que o financiaron, centros de investigación que interviron e patentes ás que puido ter dado lugar.

3.4. Posibilidades de cooperación entre empresas que poidan aparecer durante e despois da implantación do proxecto.

3.5. Proxecto e actuacións para desenvolver, priorización e impacto destas en relación aos obxectivos previstos.

3.6. Tempo considerado para a súa realización e tempo necesario para a explotación dos resultados.

3.7. Diagrama de realización do proxecto, indicando as diferentes fases ou etapas de que consta, desagregando para cada unha delas. Inicio e terminación prevista, tempo que se vai empregar. Descrición da etapa, precisando o que se necesita acadar

en cada unha delas. Entidades e persoas que interveñen, funcións e responsable. Custo. Identificación dos riscos e puntos críticos, que poidan afectar a execución do plano de traballo.

No caso de contar coa colaboración de universidades, centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos ou análogos, achegue neste punto unha copia do contrato.

3.8. Descrición do novo proceso industrial e/ou produto (diagramas, planos, etc, .en comparación cos que xa tiña a empresa).

3.9. Caracterización dos produtos resultantes do proxecto: características técnicas, do proceso. Novas materias primas e compoñentes. Outros aspectos de interese.

3.10. Capacidade tecnolóxica e industrial da empresa: experiencias anteriores.

3.11. Orzamento do proxecto, provedores escollidos, e gastos necesarios. Xustificación. (Verifique a concordancia deste orzamento co presentado no formulario de solicitude).

3.12. Recursos destinados e financiamento do proxecto. Outras axudas.

4. Beneficios derivados do proxecto:

4.1. Melloras na calidade dos produtos.

4.2. Mellora na flexibilidade das operacións.

4.3. Melloras en seguridade no traballo.

4.4. Melloras ambientais.

4.5. Reducións nos prazos de entrega.

4.6. Redución dos custos en procesos e operacións.

4.7. Identificar os sectores económicos que se verían afectados e que se beneficiarían dos resultados do proxecto, definindo e cuantificando o posible impacto dos resultados sobre eles.

4.8. Xustificación económica e social do proxecto. Emprego que vai crear e características deste. Facturación inducida.

4.9. Protección de resultados. Patentes ás que poida dar lugar o proxecto. Colaboracións tecnolóxicas con clientes e provedores.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL