DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 02 de marzo de 2005 Páx. 3.442

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 23 de febreiro de 2005 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, e se procede á súa convocatoria.

O desenvolvemento da sociedade da información converteuse nunha prioridade en todos os países e rexións máis avazados, como bases para o seu desenvolvemento económico e social. A nivel europeo, o plano e-Europe 2002 e actualmente e-Europe 2004, da Comisión das Comunidades Europeas, marcan as liñas e prioridades, co obxectivo de converter Europa na economía baseada no coñecemento máis competitiva e dinámica do mundo.

En sintonía con esta idea, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio ten entre os seus obxectivos prioritarios lograr a converxencia da comunidade autónoma coas rexións máis avanzadas do seu contorno, facilitando a redución ou eliminación dos problemas detectados no proceso de incorporación de Galicia ás tecnoloxías en que se fundamenta a sociedade da información.

O ámbito empresarial é un dos dous piares fundamentais en que se debe asentar o desenvolvemento deste novo modelo económico e social nestes tempos marcados pola innovación, nos cales o valor do coñecemento se converteu nunha peza clave do desenvolvemento económico. Esta consellería entende que debe facilitar a incorporación das novas tecnoloxías nos procesos produtivos das empresas, e, ao mesmo tempo, impulsar o desenvolvemento do sector das TIC en Galicia, considerando o seu elevado potencial innovador e o efecto multiplicador que produce nos demais sectores da economía aos cales proporciona novos recursos competitivos, sen esquecer o seu valor estratéxico para lograr a converxencia con España e Europa.

O contido desta orde axústase ao establecido polo Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e financiarase coa participación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e, en consecuencia, a súa tramitación quedará condicionada ao cumprimento do sinalado na normativa da Unión Europea.

En consecuencia, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas públicas en réxime de concorrencia competitiva para a incentivación de actuacións no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, así como para o desenvolvemento de aplicacións e servizos relacionados coa integración das tecnoloxías

da información e as comunicacións no mundo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2005.

Artigo 2º.-Aplicacións orzamentarias.

Para a concesión das axudas propias das actuacións que se convocan e que terán a modalidade de subvención, destinaranse os créditos globais correspondentes ás aplicacións orzamentarias que se mencionan, cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), coa seguinte distribución:

AplicaciónDenominaciónAno 2005

2005 (euros)

Ano 2006

2006 (euros)

08.03.712-B.773.0Empresas privadas; potenciación acceso empresarial á sociedade da información739.247520.324

08.03.712-V.773.0Empresas privadas; potenciación acceso empresarial á sociedade da información1.200.000840.000

08.03.712-B.773.1Desenvolvemento da sociedade da información750.000525.000

Total2.689.2471.885.324

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Dadas as características do obxecto desta orde, as axudas que se convocan poderán solicitarse para proxectos e actuacións plurianuais, de acordo co indicado no artigo 9º da convocatoria, cando parte do proxecto ou actuación se realice no ano 2005 e se solicite axuda para o dito exercicio.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Serán beneficiarias as empresas privadas validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, así como os empresarios individuais que teñan a súa sede social ou algún centro de traballo na comunidade autónoma galega e que reúnan os requisitos establecidos en cada un dos tipos de actuación subvencionables definidos no artigo 4º.

Os beneficiarios deberán reunir os requisitos que fundamentan a concesión así como os demais que se prevexan nesta orde. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. A acreditación de non estaren incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.

Para a clasificación das empresas segundo o seu tamaño actuarase de acordo coa Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003 (DOCE do 20 de maio de 2003) sobre definición de microempresas, pequenas e medianas empresas.

En todo caso, observarase o disposto na normativa da Unión Europea en relación cos sectores considerados como sensibles.

Artigo 4º.-Actuacións subvencionables.

As actuacións subvencionables obxecto da presente orde estruturanse en dúas liñas de actuación, definidas en función do tipo de actividade económica

que realiza o solicitante, e os efectos sobre o seu contorno económico. A primeira destas liñas está dedicada ás empresas en xeral, e a segunda ás empresas específicas do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Na realización das actuacións deberase observar o disposto nos artigos 5º e 6º sobre gastos subvencionables e subcontratación.

a) Liña dedicada ás empresas en xeral.

Terán carácter subvencionable os proxectos encadrados nalgún dos seguintes tipos de actuación:

a.1) Adquisición de aplicacións informáticas realizadas «a medida» para o solicitante.

Actuacións recollidas: considerarase o desenvolvemento de aplicacións informáticas «a medida», destinadas aos sistemas centrais de información da empresa solicitante, por non existiren no mercado solucións específicas que satisfagan todas as súas necesidades, mediante a contratación de provedores especializados neste tipo de desenvolvementos.

Consideraranse tanto a contratación daqueles produtos desenvolvidos para a empresa solicitante como a instalación daquelas aplicacións que se baseen en librarías de software xa desenvolvidas e que requiran un proceso de adaptación en profundidade dentro da empresa que as vai usar, tales como os sistemas ERP (Enterprise Resource Planning) ou outras aplicacións similares.

Terán cabida programas informáticos aplicados de xestión da produción, xestión de almacén, acceso a información en mobilidade, almacenamento de datos e seguridade da información.

Gastos subvencionables: aplicacións informáticas desenvolvidas na súa totalidade por terceiros, licenzas informáticas e servizos externos de desenvolvemento e adaptación do software, destinadas ao uso da empresa solicitante. Non se considerará ningún tipo de hardware ou gastos propios do solicitante.

a.2) Implantación do comercio electrónico entre empresas, B2B:

Actuacións recollidas: considerarase a instalación de aplicacións informáticas (software) que faciliten as transaccións electrónicas de produtos ou servizos entre o solicitante e outras empresas (é dicir, a realización de comercio electrónico de «empresa a empresa, en inglés Business To Business ou B2B), mediante a contratación de provedores externos especializados.

Estes proxectos deberán fornecer solucións ás empresas que veñen realizando transaccións por medios convencionais e desexen automatizar ou axilizar estas transaccións a través da internet.

Terán cabida proxectos verificables de acceso remoto a catálogos e tarifas personalizadas, xestión de existencias, xestión de pedidos, interacción co proceso produtivo, rastrexabilidade, reposición auto

mática, loxística e xestión de prazos de entrega, históricos por produtos, facturación e albarás electrónicos, non sendo imprescindible incluír sistemas de pagamento electrónico.

Non serán subvencionables aquelas aplicacións de carácter informativo, de recopilación ou oferta de información, se non levan consigo a posibilidade de realización de transaccións económicas propias das empresas participantes. Tampouco o serán as aplicacións destinadas ao comercio electrónico co consumidor final, coñecido como comercio electrónico da empresa «empresa ao consumidor» (en inglés Business To Consumer ou B2C).

Gastos subvencionables: considerarase os realizados en licenzas de ferramentas software, sistemas de protección e control de accesos (chamados firewalls), cursos de formación específica e a contratación dos servizos externos de instalación e posta en funcionamento das aplicacións. Non se considerarán incluídas outras ferramentas hardware, persoal propio, ou conceptos tales como cotas de conexión, mantemento ou hospedaxe.

b) Liña dedicada a empresas específicas do sector das TIC.

Recóllense actuacións dedicadas a satisfacer as necesidades específicas das empresas que teñen a súa actividade empresarial e obxecto do seu negocio especificamente no sector das TIC, entendéndose por tal toda actividade económica relacionada coa electrónica, a informática, o tratamento da información, as telecomunicacións, e servizos de valor engadido sobre os anteriores.

Terán carácter subvencionable os proxectos encadrados nalgún dos seguintes tipos de actuación:

b.1) Desenvolvemento propio de novos produtos TIC.

Actuacións recollidas: considerarase a realización de proxectos orientados á xerazón e oferta ao mercado de novos produtos ou servizos realizados polo solicitante. As empresas solicitantes deberán prever no seu obxecto social o desenvolvemento de software, aplicacións ou produtos no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Será obxecto de avaliación a descrición que faga o solicitante sobre a situación de produtos similares ou próximos no mercado, identificación dos seus competidores, clientes reais e potenciais, prezo de venda estimado do seu novo produto, e o seu plano de negocio.

Terán cabida proxectos que teñan por obxecto o desenvolvemento de dispositivos, servizos, programas ou aplicacións das tecnoloxías da información e as comunicacións, que ofrezan novas funcionalidades non existentes nas solucións de mercado actualmente dispoñibles.

Poderán ser consideradas novas versións ou evolucións de produtos anteriores xa desenvolvidos polo solicitante, debéndose acreditar as funcionalidades existentes no produto actual, e a evolución e mellora que se pretende acadar.

Gastos subvencionables: considerarase subvencionable a adquisición de equipamentos e aplicacións, formación específica, custo de persoal técnico propio con dedicación ao proxecto, así como colaboracións externas puntuais e xustificables que non poderán supor máis do 20% do investimento subvencionable.

En ningún caso se considerarán custos de persoal directivo, xerencial ou de administración aínda que dediquen parte do seu tempo a estas actividades nin calquera outro persoal que non se atope vinculado coa empresa mediante relación laboral, nin conceptos tales como cotas de conexión ou mantemento.

b.2) Prestación de servizos e comunicacións electrónicas para empresas.

Actuacións recollidas: considerarase a realización de proxectos que teñan por obxecto a prestación de servizos da sociedade da información ou de comunicacións electrónicas non gratuítas para terceiras empresas. As actuacións estarán baseadas en tecnoloxías relacionadas cos protocolos da internet (IP), e os solicitantes deberán cumprir a lexislación nesta materia.

*No caso de prestación de servizos da sociedade da información:

Terán cabida aplicacións de seguridade xestionada, contornos de almacenamento remoto de datos, plataformas ERP de xestión compartida para empresas, servizos de teleformación, servizos ASP, plataformas de servizos de comercio electrónico B2B ou B2C, e aquelas outras aplicacións e servizos para empresas que supoñan unha mellora tecnolóxica e un avance da sociedade da información.

A prestación destes servizos a terceiros deberá supor unha actividade económica para o prestador e deberá desenvolverse conforme a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, e terá que acreditarse a inscrición rexistral recollida no artigo 9º desta lei.

*No caso de prestación de servizos de comunicacións electrónicas non gratuítas a terceiros:

Terán cabida a realización de proxectos piloto singulares de implantación de solucións innovadoras en comunicacións electrónicas.

O operador que preste estes servizos de comunicacións electrónicas a terceiros deberá realizar a súa actividade conforme a Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións e terá que acreditar a inscrición rexistral recollida no artigo 7 desta lei.

Gastos subvencionables: considerarase subvencionable a adquisición de equipamentos servidores de aplicacións, os sistemas de telecomunicación e almacenamento, as ferramentas software necesarias para o funcionamento dos servizos e aplicacións, e aqueles conceptos imputables á instalación destes. Non se consideran gastos de persoal propio, nin custos de operación, mantemento periódico ou hospedaxe dos servizos.

b.3) Investimentos en empresas que producen programas informáticos e servizos informáticos.

Actuacións recollidas: consideraranse os investimentos que teñan por obxecto a mellora nos sistemas de información e na capacidade intelectual das empresas que teñan actividades xa iniciadas, ou emprendan novas liñas de produto, relacionadas coa creación de software (programas informáticos). Os solicitantes deberán ter como obxecto social o desenvolvemento de software ou aplicacións informáticas no ámbito das TIC.

Estes investimentos dedicaranse a incrementar a capacidade de desenvolvemento de software do solicitante, a afianzar a calidade do servizo prestado sobre produtos existentes ou facilitar a comercialización de produtos propios, sen que teñan que encadrarse necesariamente no desenvolvemento dun novo produto concreto.

Será obxecto de avaliación a descrición que faga a solicitante sobre a actividade desenvolvida pola empresa en materia de desenvolvemento de software, produtos xerados, prezos e clientes dispoñibles, e o seu plano de negocio.

Gastos subvencionables: considerarase subvencionables as referentes á adquisición de equipamentos informáticos de proceso e servidores de aplicacións, ferramentas software, sistemas de telecomunicación, cursos de formación, deseño de imaxe e empaquetamento de producto, especificamente dedicados e necesarios para o tratamento, edición, almacenamento e mantemento da información asociada á creación de programas, así como a súa oferta ao mercado. Non se consideran gastos de persoal propio nin custos de operación ou gastos periódicos.

Artigo 5º.-Gastos subvencionables.

Con carácter, xeral e de acordo co establecido no artigo 31º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionable e se realicen dentro de prazo establecido nesta orde.

Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado dentro do prazo de finalización do período de xustificación.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Os provedores de bens ou servizos subvencionados non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros no suposto de subministracións de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción de compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A escolla entre as ofertas presentadas, que deberá presentarse xunto coa solicitude de subvención, realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 6º.-Subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios.

A subcontratación de actividades realizarase de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Os solicitantes que realicen desenvolvementos propios acollidos á alínea b1) de artigo 4º poderán subcontratar a realización da actividade subvencionada de acordo cos límites establecidos no dito artigo.

Non se entenderá por subcontratación a realización de gastos en que teñan que incorrer os beneficiarios para a realización das actividades subvencionadas acollidas ás alíneas a1), a2), b2) e b3).

Artigo 7º.-Criterios de avaliación.

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión e contía das axudas, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

1. Valoración da calidade técnica e concreción da exposición do proxecto presentado na memoria.

2. Adecuación dos investimentos aos obxectivos e actuacións da convocatoria.

3. Valoración da viabilidade económico-financeira e desenvolvemento temporal do proxecto.

4. Capacidade técnica e profesional dos provedores considerados, ou da propia empresa no caso de empresas específicas do sector TIC.

Artigo 8º.-Contía das axudas.

As axudas poderán acadar, con carácter xeral, unha contía máxima do 40% do investimento subvencionable para cada proxecto.

Para os proxectos que se desenvolvan nas áreas prioritarias determinadas no Plano de Dinamización Económica (PDE) da Xunta de Galicia, que se relacionan na disposición adicional, e sempre que solicitasen a porcentaxe máxima de subvención establecida con carácter xeral nesta orde, as axudas poderán incrementarse ata 10 puntos porcentuais.

Artigo 9º.-Ámbito temporal e actuacións plurianuais.

Poderán acollerse á presente orde as actuacións que se describen no artigo 4º, sempre que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2005 e a data de xustificación dos investimentos establecido no artigo 18º desta orde.

Excepcionalmente poderanse conceder subvencións plurianuais para proxectos que superen o exercicio de 2005. Para iso estableceranse os correspondentes compromisos de gasto dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución do investimento, aténdose ao disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Para as actuacións plurianuais entenderase que os investimentos realizados desde a data límite de xustificación do exercicio corrente ata o final de ano corresponderán á anualidade seguinte e, por tanto, poderanse presentar para o cobramento desa anualidade.

Artigo 10º.-Obtención dos formularios normalizados de solicitude

Os formularios de solicitude de axuda regulados nesta orde cubriranse e obteranse necesariamente polo solicitante a través da aplicación informática «Internet expres» (Procedemento IN520A) establecida na «Oficina virtual» desta consellería, sita no enderezo da internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm da Xunta de Galicia.

Para cubrir correctamente os formularios de solicitude, no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polos solicitantes.

Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cada solicitude unicamente poderá referirse a unha das modalidades das actuacións subvencionables recollidas no artigo 4º.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, a través do teléfono 981 54 55 83 ou 981 54 43 41, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas.tec

noloxía.2005*xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación por escrito de solicitudes.

Artigo 11º.-Documentación.

Os solicitantes deberán presentar por exemplar duplicado, incluíndo orixinal ou copia compulsada e unha copia, a seguinte documentación:

1) Formularios normalizados de solicitude (composto polos anexos I, II e III), obtidos a través da aplicación informática sinalada no artigo anterior debidamente asinados polo/os representante/s legal/is da empresa.

Estes formularios presentaranse sen engadir novos datos e sen realizar emendas nin riscaduras no seu formato orixinal, o que será causa de inadmisión a trámite.

2) Documentación técnica relativa ao proxecto.

2.1) Memoria explicativa, en que se consignarán todos os elementos que serán obxecto de valoración competitiva conxunta:

-Breve historial da empresa solicitante.

-Obxectivos do proxecto e novidade que fornece ao solicitante.

-Calendario de execución do proxecto.

-Recursos financeiros e materiais dedicados ao proxecto.

-Copia de todos os orzamentos e ofertas desagregadas de cada un dos provedores previstos na solicitude, tendo en conta o disposto nos artigos 5º e 6º desta orde.

-No caso de actuacións recollidas na alínea a) do artigo 4º, documentación que permita valorar a capacidade técnica do provedor/es principal/is (descrición da súa actividade xeral, persoal e centros de traballo na comunidade autónoma, traballos realizados nos dous últimos anos relacionados coa actividade subvencionable).

-No caso de actuacións recollidas na alínea b) do artigo 4º, experiencia en proxectos similares nos dous últimos anos, descrición dos recursos humanos dedicado ao proxecto, indicando categoría laboral de acordo co seu contrato e nómina, salario, formación técnica, función a desenvolver e tempo de dedicación, con independencia de que o dito persoal sexa ou non obxecto de subvención.

Co obxecto de garantir a igualdade nun procedemento en concorrencia competitiva entre os proxectos presentados ata a finalización do prazo de presentación establecido na convocatoria, non se procederá á tramitación daquelas solicitudes que non veñan acompañadas da memoria explicativa do proxecto. A dita memoria non será obxecto de emenda ou posterior mellora da documentación que conteña.

2.2) De ser o caso, memoria xustificativa da escolla dos provedores cando o gasto supere os 12.000 A, conforme o disposto nos dous últimos parágrafos do artigo 5º.

3) Documentación xurídico-administrativa do solicitante:

3.1) CIF da empresa ou NIF/NIE en caso de empresario individual, en vigor.

3.2) Documento público acreditativo do poder suficiente para actuar ante a Administración pública da/s persoa/s física/s que actúe/n en nome e representación dunha persoa xurídica. A documentación deberá estar en vigor.

3.3) Fotocopia do DNI/NIE, en vigor, do representante. En caso de poder mancomunado deberán fornecerse as fotocopias dos DNI/NIE, en vigor, dos ditos representantes.

3.4) Certificados acreditativos de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Este trámite poderase realizar de oficio polo órgano xestor mediante a autorización do solicitante (sinatura do anexo III) ou ben o solicitante deberá acudir aos organismos da Axencia Estatal de Administración Tributaria, á Consellería de Economía e Facenda e á Seguridade Social para solicitar a expedición dos correspondentes certificados.

3.5) Acreditación de non estar incurso nalgunha das prohibicións recollidas nos números 2 e 3 do artigo 13º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que deberá efectuarse mediante a/s sinatura/s da declaración recollida no anexo III da solicitude de subvención.

3.6) No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

3.7) No caso de solicitudes para as actuacións recollidas no número b1) e no número b3) da alínea b) do artigo 4º, as empresas acreditarán o obxecto social mediante escritura completa de constituición ou escrituras posteriores de modificación do obxecto social.

3.8) En caso de solicitudes para as actuacións recollidas no número b2) da alínea b) do artigo 4º, acreditación rexistral correspondente. Se é prestador de servizos da sociedade da información: inscrición rexistral de acordo co artigo 9º da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico; se é prestador de servizos de comunicacións electrónicas a terceiros: inscrición rexistral conforme o disposto no artigo 7º da Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións.

De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación xurídico-administrativa que xa se atope en poder desta consellería, sempre que se manteña vixente e se identifique nos formularios de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada (en ningún caso se considerará documentación presentada antes do ano 2003); esta identificación leva consigo a autorización para que o órgano xestor teña acceso a esta documentación.

No suposto de imposibilidade material de obter a documentación conforme o punto anterior ou se constate a súa non validez, o órgano competente poderá requirir á solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de datos de carácter persoal, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio garante a confidencialidade dos datos recollidos na documentación contemplada para as solicitudes de axuda.

Artigo 12º.-Presentación de solicitudes e documentación.

O prazo para a súa presentación será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de abril de 2005, ambos inclusive.

A presentación de solicitudes poderá facerse, á escolla do solicitante, por vía escrita ou por vía telemática, da seguinte forma:

1) Vía escrita (en soporte papel):

Para formalizar a solicitude, logo da obtención e consignación dos datos nos formularios de acordo co artigo 10º desta orde, o interesado presentará a documentación sinalada no artigo anterior por exemplar duplicado (orixinal ou copia compulsada e unha copia), dirixida ao conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no rexistro xeral dos servizos centrais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, no das delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2) Vía telemática (por medios electrónicos):

A vía telemática establécese como un mecanismo de presentación nun trámite único para aqueles solicitantes que reúnan os seguintes requisitos:

1. Será necesario que o presentador sexa unha persoa física que exerza a representación legal da

empresa ou entidade solicitante, e como tal figure identificado nos formularios normalizados de solicitude. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

2. O presentador deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, conforme o disposto no Decreto 200/2003, do 20 de marzo.

3. O solicitante deberá estar exento de presentar a documentación xurídico-administrativa a que se fai referencia no número 3 do artigo 11º desta orde de axudas, por se atopar xa en poder desta consellería ou non ter obriga de a presentar.

Poderá accederse a esta vía de presentación a través da aplicación informática «Internet expres» (procedemento IN520A) establecida na «Oficina Virtual» desta consellería, sita no enderezo da internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm da Xunta de Galicia, onde se disporán dos medios de axuda á presentación de solicitudes. Tamén poderá accederse a esta vía desde o enderezo: http://www.xunta.es/servizos/index.htm en «Administración electrónica» facendo uso do «Rexisto telemático» (procedemento IN520A).

Xunto cos formularios de solicitude, deberá anexar necesariamente a memoria a que se fai referencia no número 2.1), e no seu caso a do 2.2) do artigo 11º desta orde. Para isto a aplicación de presentación permitirá anexar á solicitude arquivos informáticos cunha limitación de tamaño de 1 MB, sempre que se presenten nos seguintes formatos: «.pdf», «.doc», «.ppt», «.txt», recomendándose o emprego do primeiro formato.

Unha vez asinados co certificado dixital do presentador os formularios normalizados e todos os documentos que acompañen a solicitude, procederase á transferencia telemática da dita documentación ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, creado polo Decreto 200/2003, do 20 de marzo. Unha vez completado o proceso de transferencia telemática, efectuarase a anotación correspondente no rexistro de entrada.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación, conforme o citado Decreto 200/2003.

No caso de utilizar a vía telemática para a solicitude, o interesado tamén poderá empregar esta vía para a recepción de notificacións desta consellería e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda, excepto dos escritos e documentación referente ao proceso de xustificación dos investimentos (artigo 18º), caso en que non se contempla a presentación telemática.

Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase nos formularios normalizados a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web institucional da Xunta de Galicia, nos enderezos indicados neste artigo para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a aceptación de entrega das notificacións (xustificante de recepción telemático).

A presentación da solicitude por vía telemática leva consigo a autorización para que o órgano xestor realice de oficio, ante as administracións pertinentes, as xestións para a obtención dos certificados de cumprimento de obrigas tributarias estatais, autonómicas e coa Seguridade Social exixidas no artigo 78.4º c) así como no último parágrafo do artigo 78.8º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, sen prexuízo do disposto no artigo 17.c) desta orde.

Artigo 13º.-Emenda de solicitudes.

Se a documentación presentada fose incompleta ou presentase erros emendables, requirirase ao solicitante para que, no prazo de 10 dias hábiles, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con advertencia de que, se non o fixese, terase por desistido da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da citada lei.

En ningún caso se considerará emendable a presentación de formularios non válidos e a súa manipulación, así como a non presentación da memoria explicativa.

Artigo 14º.-Instrución e selección de solicitudes.

Corresponde á Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial a instrución do procedemento de concesión de subvencións, que desenvolverá de oficio cantas actuacións coide necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.

No caso de que a solicitude presentada non sexa subvencionable na actuación escollida polo solicitante e si sexa valorable noutro tipo de actuación recollida nesta orde, poderase readscribir de oficio e proceder á súa avaliación.

Con obxecto de cumprir o principio de concorrencia competitiva, conforme o disposto no artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, as solicitudes serán examinadas por unha comisión de valoración que se axustará aos preceptos contidos no título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común. Esta comisión estará constituída polos seguintes membros:

-Presidente: o director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

-Dous vogais: un subdirector xeral e un xefe de servizo con coñecemento na materia designados polo director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

-Secretario: un funcionario da dirección xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Esta comisión, tendo en conta os criterios de avaliación recollidos no artigo 7º, emitirá un informe razoado en que se concrete o resultado da avaliación efectuada. Neste informe incluirase unha relación ordenada dos proxectos que reúnan os requisitos para seren financiados, no cal se incluirá unha proposta de orzamento para eles, que será determinado segundo criterios de máxima eficiencia na asignación de recursos, e unha relación de proxectos non financiables, con indicación expresa dos motivos que concorran.

A Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, á vista do informe de avaliación emitido, formulará proposta de resolución motivada.

Artigo 15º.-Resolución.

Á vista da proposta de resolución, o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio ditará a resolución que proceda, motivada, con indicación do obxecto e importe do proxecto subvencionado, a porcentaxe de axuda concedida e a contía desta e, no caso de que teña carácter plurianual, as cantidades outorgadas con cargo aos orzamentos de exercicios posteriores. Esta resolución poderá establecer condicións técnicas e económicas de obrigada observancia para a realización do proxecto.

Esta competencia delégase nos delegados provinciais de acordo co establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia ata o límite dos créditos que se desconcentren.

Sen prexuízo dos recursos que procedan, o beneficiario da axuda deberá aceptala no prazo de quince dias hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa notificación. En caso contrario, entenderase que renuncia á axuda concedida e procederase de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A aceptación da axuda formalizarase mediante un documento asinado polo beneficiario en que este se comprometa a cumprir todas as condicións establecidas nesta orde e, de ser o caso, na resolución da concesión.

O prazo máximo para resolver e notificar aos interesados a resolución expresa será de seis meses a partir do día seguinte ao de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima o interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

As resolucións de concesión serán publicadas no Diario Oficial de Galicia con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario o que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención.

Artigo 16º.-Modificación da resolución.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

Cando por circunstancias técnicas se varíe o contido específico dos investimentos ou actuacións recollidas no proxecto inicial e as ditas variacións incidan no investimento subvencionable, o beneficiario deberá solicitar a modificación que proceda antes do 15 de setembro, inclusive, da anualidade correspondente.

A conformidade expresa da Consellería de Innovación, Industria e Comercio coas mencionadas modificacións requirirá informe favorable da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, e só será outorgada cando non alteren significativamente o proxecto inicial e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade da presente orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

Artigo 17º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención

b) Acreditar, ante a entidade concedente, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamente a axuda, así como dos requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou excepcionalmente o que se sinale na resolución cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso potestativo de reposición.

c) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que se atopa ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións descritas no último parágrafo do artigo 12º ou na autorización para realizar o trámite de oficio mediante sinatura do anexo III dese como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas, requirirase ao solicitante ou beneficiario que regularice a súa situación e presente por sí mesmo o correspondente certificado.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa axuda concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

e) Comunicar á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

h) Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento, en concreto as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación ao proxecto subvencionado, o cofinanciamento dos seus activos con fondos europeos Feder, así como pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de acordo co disposto no artigo 46 do Regulamento (CE) nº 1260/1999 do Consello do 21 de xuño de

1999 e o Regulamento (CE) 1159/2000 da Comisión do 30 de maio de 2004.

Cando o proxecto se materialice nun sitio da internet, deberán realizarse as citadas referencias na súa páxina de inicio, onde en lugar visible deberá aparecer o escudo normalizado da Comunidade Autónoma de Galicia co rótulo «Consellería de Innovación, Industria e Comercio»-«Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial», e o escudo normalizado da Unión Europea co rótulo «Proxecto cofinanciado pola Unión Europea.Feder«. Así mesmo, a documentación xerada polos proxectos (manuais, caderniños, folletos, notas informativas) deberá facer o mesmo pero na contraportada das ditas publicacións.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos contemplados no número 10º do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 18º.-Xustificación do investimento.

O beneficiario terá de prazo ata o 4 de novembro inclusive da anualidade que corresponda.

Para o libramento de cada anualidade, o beneficiario deberá presentar, na respectiva delegación provincial ou nos servizos centrais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención. Poderase tamén presentar a través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta documentación xustificativa, sen prexuízo do establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que se presentará por duplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e unha copia), constará dos seguintes documentos:

a) Solicitude de libramento da subvención (modelo dispoñible no enderezo da internet http://www.xunta.es/conselle/in/index.htm na parte impresos).

b) Memoria en que se describa a realización dos investimentos e os datos e incidencias máis significativos habidos na súa realización.

c) Xustificante dos investimentos: facturas dos provedores en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto. No caso de custo de persoal, copias das nóminas así como dos TC.

d) Xustificación dos pagamentos: transferencia bancaria, certificación bancaria orixinal ou extracto de pagamento comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar cla

ramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

e) No caso de investimentos en software deberase presentar documentación que acredite as licenzas orixinais adquiridas, no caso de desenvolvementos de software códigos de programa e manuais xerados, e acceso a versións executables ou de proba dos desenvolvementos realizados.

f) No caso de implantación de comercio electrónico ou prestación de servizos de sociedade da información deberase presentar documentación detallada (enderezo, usuario, claves de acceso, etc.) que permita unha avaliación e, se é o caso, revisión a través da internet do traballo realizado.

g) Certificados acreditativos de estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Este trámite poderase realizar de oficio polo órgano xestor mediante a autorización do solicitante (sinatura do anexo III) ou ben o solicitante deberá acudir aos organismos da Axencia Estatal de Administración Tributaria, á Consellería de Economía e Facenda e á Seguridade Social para solicitar a expedición dos correspondentes certificados.

h) Declaración de axudas obtidas e solicitadas para o mesmo investimento en calquera outra administración, organismo ou ente público ou privado (modelo dispoñible no enderezo da internet sinalado no punto a) deste artigo). No caso de ser beneficiario dalgunha axuda ou subvención para a mesma actuación deberá presentarse a documentación necesaria para a súa valoración para os efectos da súa concorrencia coa axuda outorgada.

i) Certificación expedida pola entidade bancaria da titularidade da conta onde se debe realizar o pagamento, na cal conste a razón social e o CIF da empresa así como o código de banco, código de sucursal, díxito de control e código de conta corrente.

j) Documentación que acredite a publicidade da cofinanciamento con fondos Feder, segundo o sinalado no artigo 17º alínea h) desta orde.

k) O beneficiario de calquera subvención plurianual, no cal o importe total supere os 30.050,61 euros, deberá presentar ademais o xustificante acreditativo do depósito na Caixa Xeral de Depósitos, do seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que garanta o importe da anualidade de que se estea tramitando o pagamento, así como os seus correspondentes xuros (xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea vixente nese momento), por un prazo que deberá comprender como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de

xustificación da última das anualidades da subvención.

l) Calquera outro documento que se requira durante a tramitación do expediente para a verificación do proxecto.

Artigo 19º.-Pagamento das axudas.

A percepción da axuda terá lugar unha vez que os servizos técnicos da Consellería de Innovación, Industria e Comercio verifiquen a documentación xustificativa de cumprimento da realización do proxecto subvencionado e dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión. Así mesmo, para as subvencións de capital superiores aos 60.101,21 euros, destinadas a investimentos en activos tanxibles, o órgano xestor correspondente, emitirá informe de comprobación material do investimento. Excepcionalmente, esta comprobación material poderase substituír por unha xustificación documental, que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada, tal e como recolle o artigo 15.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que esta minoración non supoña unha realización deficiente do proxecto.

Artigo 20º.-Concesión de anticipos e constitución de garantías.

Poderanse conceder anticipos de ata o 50% da subvención concedida para a correspondente anualidade a aqueles beneficiarios que obtivesen axudas para as actividades definidas no artigo 4º naqueles casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos, de acordo co establecido no artigo 16.dous.3 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para solicitar o anticipo será dun mes a partir do día seguinte á data de recepción da notificación de concesión da subvención.

A concesión do anticipo farase por resolución motivada desta consellería, que será notificada para que nun prazo de 15 días a partir desta notificación presenten o xustificante acreditativo da constitución da garantía mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca e que ten que ser depositado na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, segundo se establece no artigo 17º do mencionado Decreto 287/2000; todo isto sen prexuízo das demais condicións específicas que se recollen nesta orde e as que, de ser o caso, se inclúan na resolución.

O importe da garantía deberá cubrir o importe do anticipo xunto cos intereses deste calculados ao tipo de interese legal do diñeiro vixente no momento de concesión e polo prazo que medie entre a data de presentación da solicitude do anticipo e como mínimo aquel en que se cumpran dous meses desde o final do prazo de xustificación da anualidade para que se concedeu o anticipo.

A garantía será liberada unha vez xustificada e comprobada a realización do investimento ou a actividade obxecto de axuda.

Artigo 21º.-Incompatibilidades.Concorrencia de axudas públicas.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería.

O importe da subvención neta equivalente ás empresas, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, non poderá superar o máximo de intensidade rexional, 40% sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade nesta orde.

No caso de axudas a empresas PEME, engadirase un 15% adicional ao dito límite, de acordo coas directrices sobre axudas de Estado de finalidade rexional (98/C 74/06) en relación co mapa de axudas de finalidade rexional para o período 2000-2006 en España, aprobado pola Comisión Europea/axuda de Estado número 773/1999. Estes límites máximos aplicaranse tanto se a axuda provén integramente de fontes nacionais como se foi cofinanciada con fondos comunitarios (punto 4.21º directrices comunitarias sobre axudas de Estado ás pequenas e medianas empresas. DOCE nº 213, de 23 de xullo de 1996).

Enténdese por subvención neta equivalente o beneficio último que a axuda debería proporcionar á empresa unha vez deducido o imposto sobre sociedades aboado en concepto da dita axuda.

Artigo 22º.-Reintegro da axuda.

Non se poderá exixir o pagamento da axuda concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos intereses de demora percibidos desde o seu pagamento nos supostos previstos no número 10 do artigo 78º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai

desenvolver o beneficiario ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima de investimento subvencionable que se estableza.

O procedemento de reintegro tramitarase de acordo co establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

As cantidades que os beneficiarios deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 23º.-Fiscalización e control.

A concesión das axudas reguladas nesta orde estará sometida ao exercicio da función interventora e do control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos establecidos no capítulo V do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, se é o caso, aos dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Os beneficiarios e os terceiros relacionados co obxecto da subvención ou a xustificación estarán na obriga de prestar colaboración e facilitar canta documentación lles sexa requirida no exercicio das funcións de control que corresponden, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como aos órganos que, de acordo coa normativa comunitaria, teñan atribuídas funcións de control financeiro, que para este fin terán as facultades que lle outorga o número 11º do artículo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 24º.-Réxime sancionador.

As infraccións administrativas cometidas en relación coas axudas e subvencións reguladas nesta orde sancionaranse de conformidade co disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 25º.-Réxime de recursos.

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados ao abeiro do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e contra elas caberá:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo sexa o caso.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se é expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

E todo isto sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

Artigo 26º.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto nesta orde, haberá que aterse ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro; o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; a Lei 13/2004, do 29 decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Disposición adicional

Única.-Para esta orde de axudas considerarase como concellos integrantes do PDE os recollidos nas ordes ministeriais PRE/3044/2002, PRE/3108/2002 e PRE/88/2003, así como dentro da provicia de Lugo: Sarria, O Corgo, Monforte de Lemos, Bóveda, O Incio, Lourenzá, Mondoñedo, Begonte, Outeiro de Rei, Lugo, Trabada, Rábade e A Probra do Brollón. Na provincia de Ourense: San Cibrao das Viñas, O Carballiño, Ribadavia, San Amaro, Cenlle, Ourense, Sandiás, Riós, Verín, Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz, Taboadela, Allariz, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, A Gudiña, Vilardevós, Xunqueira de Ambía, Leiro, Sarreaus, Beade, Carballeda de Avia, Melón, Arnoia e A Mesquita.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial para que dite as disposicións necesarias para a aplicación do establecido nesta orde.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2005.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio