DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2005 Páx. 3.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Thyssenkrupp Elevadores, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Thyssenkrupp Elevadores, S.A. (código convenio 1504201), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-12-2004 e subscrito pola parte económica pola empresa e pola parte social polo delegado de persoal o día 16-11-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que existe nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Thyssenkrupp Elevadores, S.A. para os anos 2004-2005 na provincia da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

1.1. O presente convenio colectivo afecta os traballadores da empresa Thyssenkrupp Elevadores, S.A. na provincia da Coruña.

Non obstante o anterior, aquelas persoas que teñan recoñecidas unhas condicións individuais de carácter económico distintas ás establecidas no presente convenio colectivo, consideraranse excluídas deste no que aos ditos aspectos se refire, aínda que continuarán incluídas nos restantes.

Cando estas condicións económicas individuais supoñan no seu conxunto e cómputo anual unha retribución superior á que correspondería da estrita aplicación do presente convenio colectivo, o incremento salarial que neste se estableza só será vinculante

sobre o que sexa retribución de convenio e non sobre o resto de conceptos.

1.2. Respectaranse, a título individual, as situacións persoais que en cómputo global anual puidesen ser superiores ás do presente convenio colectivo, manténdose estritamente ad personan, e sen prexuízo de que estas posibles diferenzas sexan susceptibles de compensación ou absorción polas melloras que nos devanditos casos poderían ser procedentes.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As normas contidas no presente convenio colectivo serán aplicables á provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio colectivo aplicarase inmediatamente despois da súa sinatura, independentemente da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

A súa vixencia estenderase desde o 1 de xaneiro de 2004 ao 31 de decembro de 2005, aplicándose, polo tanto, os seus acordos e para todos os efectos con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2004.

O presente convenio colectivo entenderase tacitamente prorrogado por períodos anuais se, polo menos cunha antelación mínima de dous meses ao seu vencemento, non resultase denunciado por ningunha das dúas partes asinantes, manténdose en vigor a totalidade das súas cláusulas mentres non se logre un novo acordo, salvo aquelas que, pola súa natureza obrigatoria, soamente produzan efecto en canto a compromisos de conduta polas partes asinantes. Ambas as partes acordan negociar no primeiro trimestre do ano 2006.

Artigo 4º.-Individualidade e unidade do convenio.

O presente convenio colectivo forma un todo indivisible e, por tanto, se a xurisdición competente en uso das atribucións que lle confire o artigo 90.5º do Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, modificase en todo ou en parte o contido do presente convenio colectivo, este quedará invalidado na súa totalidade, debendo ambas as partes reconsiderar o seu contido.

As condicións pactadas forman un todo indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, haberán de ser consideradas globalmente e no seu conxunto.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións pactadas no presente convenio colectivo son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexeran por mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa, imperativo legal, resolucións legais futuras, xerais ou individuais, xurisprudencial ou contencioso-administrativo, convenio colectivo, pacto de calquera clase, contrato individual, usos e costumes locais, comarcais ou rexionais, ou por calquera outra causa.

As disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou nalgúns dos conceptos retributivos, sempre que estean determinados en diñeiro ou afecten o número de horas que se pactase traballar, computadas anualmente, unicamente terán eficacia práctica se, consideradas en cómputo anual, superan o nivel do convenio, quedando en caso contrario, absorbidas dentro deste.

Artigo 6º.-Organización do traballo.

A teor do disposto no artigo 20 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, a facultade e responsabilidade de organizar o traballo correspóndelle á dirección da empresa.

A representación legal dos traballadores velará para que no exercicio das ditas facultades de organización de traballo non se conculque a lexislación vixente, en especial o regulado no artigo 41 do texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Xornada.

Páctase expresamente unha xornada anual de traballo efectivo de 1.770 horas para os dous anos de vixencia do presente convenio colectivo, independentemente da xornada que poida establecerse por disposicións de carácter xeral.

Artigo 8º.-Calendario laboral.

A dirección da empresa elaborará o calendario laboral para o ano seguinte, onde se fará constar a distribución da xornada anual, o horario de traballo para cada tipo de xornada, así como a que puidera corresponder a colectivos específicos en función da súa actividade ou condicións de traballo. Igualmente indicaranse os días festivos, descansos semanais e pontes.

A dirección da empresa daralles copia de todos os calendarios laborais aos representantes dos traballadores.

Os días 24 de decembro e 31 de decembro de cada un dos anos de vixencia do presente convenio colectivo, o 50% do cadro de persoal terá libre a xornada de tarde, de tal forma que aqueles traballadores que prestan os seus servizos durante a xornada de tarde do día 24 de decembro, teñan libre a xornada de tarde do día 31 de decembro (o 50% restante).

O persoal administrativo, de común acordo coa dirección da empresa, para non coincidir na mesma xornada de tarde.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Todos os traballadores no ano 1999 consolidaron, como complemento persoal (antigüidade consolidada), a cantidade que lles correspondería polos anos de servizo na empresa ata o 1 de xaneiro de 2000.

Tales cantidades terán o mesmo incremento que se pacte para o resto dos conceptos salariais.

Todos aqueles traballadores cuxa incorporación se producise despois do 1 de xaneiro de 2000 non terán ningún dereito a percibir o concepto salarial de antigüidade.

Artigo 10º.-Primas.

1. Primas do persoal de posvenda. Rexeranse pola seguinte fórmula:

O persoal de posvenda poderá devengar mensualmente unha prima de produtividade.

Este devengo dependerá de diversos factores, que son:

-Realización do 100% das revisións dos aparellos pertencentes ao sector asignado a cada operario.

-Índice de avarías xeral da delegación da Coruña.

-Calidade do traballo realizado polo operario.

-Avaliación dos seus superiores.

A parte dependente da avaliación anterior queda fixada en 28 A.

2. Primas do persoal de montaxe.

Ao persoal de montaxe liquidaráselle a mencionada prima de acordo coa seguinte táboa de rendementos:

RendementoEuros/hora

600,5000

610,5376

620,5752

630,6128

640,6504

650,6880

660,8384

670,9888

681,1392

691,2896

701,4400

711,5904

721,7408

731,8912

742,0416

752,1920

762,2296

772,2672

782,3048

792,3424

802,3800

O sistema de primas ten como obxectivo primar o persoal que obteña un maior rendemento na montaxe dos aparellos elevadores.

Ademais destas primas por rendemento, establécese unha prima por calidade dun máximo de 60 A men

suais. Esta prima por calidade graduarase e avaliarase polo responsable de cada un dos operarios atendendo aos seguintes criterios, enumerados simplemente para efectos enunciativos e non exhaustivos, (I) o grao de compromiso no traballo, (II) o servizo ofrecido ao cliente, (III) presenza e aseo no traballo, (IV) trato correcto cos superiores e demais compañeiros, (V) aumento ou descenso na calidade e nivel do traballo realizado polo operario, (VI) dispoñibilidade do operario ante necesidades puntuais da empresa, etc.

Artigo 11º.-Complemento pagas extras.

Aboaranse 75 A en cada unha das pagas extraordinarias de xullo e decembro ao persoal técnico (persoal de posvenda e montaxe), sempre que na data oficial do pagamento (xullo e decembro), o traballador estea en alta na empresa.

Artigo 12º.-Complemento transporte de materiais e ferramenta pesada.

O persoal de montaxe que, logo de acordo coa dirección, ao prestar os seus servizos para a empresa o faga de forma habitual no seu vehículo particular, percibirá en concepto de transporte de materiais pesados e ferramentas voluminosas a cantidade de 25 A por 11 mensualidades.

Artigo 13º.-Horas.

A cantidade que se percibirá por hora de traballos especiais será de 13 A/hora, sendo o concepto de traballo especial o histórico aplicado na delegación afectada polo presente convenio colectivo.

Para os traballos que se prevexan con suficiente antelación (sábados, domingos, etc.) pactarase individualmente con cada traballador un prezo cerrado.

Formación: as horas de viaxe como consecuencia de asistir a cursos para a formación e o exceso de xornada con motivo da mencionada formación non se aboarán.

Horas extraordinarias: a realización de horas extraordinarias debe responder ao carácter de mecanismo excepcional de ampliación da xornada normal existente na empresa, debendo responder a súa realización a necesidades extraordinarias, de orde técnica, produtiva ou organizativa.

A prestación de horas extraordinarias, dentro dos límites que en cada momento sinale a lexislación vixente, será de aceptación voluntaria por parte do traballador, agás que se trate de horas estruturais ou das de forza maior, en cuxo caso serán de prestación obrigatoria.

A determinación do carácter estrutural das horas extraordinarias efectuarase en cada caso, mediante a negociación entre a empresa e os representantes dos traballadores.

As horas extraordinarias realizadas por forza maior non serán tidas en conta para o cómputo de horas extraordinarias sinalado como máximo en cada momento pola lexislación vixente.

Serán de carácter obrigatorio, tal e como quedou reflectido no parágrafo anterior e en especial, as horas necesarias para rescate de persoas atrapadas nos aparellos elevadores en mantemento pola empresa, fóra do horario normal de traballo, con independencia do seu aboamento, como se de horas extraordinarias se tratase.

Pódense distinguir dous tipos de horas extraordinarias, que son:

1. Ata as 22.00 horas: aboaranse 14,50 A/hora.

2. Desde as 22.00 horas ata as 6.00: aboaranse 18 A/hora.

Artigo 14º.-Axudas de custo.

O criterio para determinar cando un traballador ten ou non dereito á compensación por axuda de custo (comida) é o seguinte:

-Se o traballador (montaxe e posvenda) está realizando o seu traballo fóra da Coruña e fóra do municipio onde ten establecida a súa residencia nese momento, ten dereito a percibir a compensación por axuda de custo (comida) e non tendo dereito a percibila en caso contrario.

As cantidades que percibirá polo concepto de axudas de custo estarán de acordo co cadro que figura a nivel nacional.

Para os anos 2004 e 2005, o cadro é o seguinte:

Ano 2004Ano 2005

Almorzo 2,20 A 2,32 A.

Comida11,15 A11,81 A.

Cea10,64 A11,28 A.

Varios 2,69 A 2,86 A.

O hotel (mínimo 2 estrelas) será reservado e aboado pola empresa a partir do primeiro día de desprazamento.

En caso de non ser así, a axuda de custo completa será de 74,28 A para o ano 2004 e 78,74 A para o ano 2005.

Só se terá dereito ao concepto varios cando se pase a noite no lugar de destino.

Artigo 15º.-Gratificación de beneficios.

Calcularase a razón de:

Ano 2004Ano 2005

6,3 x B

C =

100 x P

6,5 x B

C =

100 x P

Sendo:

C = Cantidade bruta para percibir.

B = Beneficios netos auditados.

P = Cadro de persoal total a nivel nacional a 30 de setembro.

Para ter dereito ao cobro desta gratificación, será necesario ter pertencido á empresa durante a totalidade do exercicio económico (1 de outubro a 30

de setembro de cada ano) e estar en activo na data do seu pagamento (febreiro do ano seguinte).

Artigo 16º.-Seguro de vida.

A empresa aboará (ben asumindo directamente o pagamento, ou ben mediante subscrición dunha póliza de seguro para estes casos), as cantidades de:

a) 13.222 A en caso de falecemento por causas naturais.

b) 23.139 A en caso de falecemento por accidente.

c) 26.444 A en caso de invalidez absoluta, derivada de accidente ou enfermidade.

Artigo 17º.-Premio de antigüidade.

Cando o traballador cumpra 25 anos de servizo ininterrompido na empresa, percibirá unha cantidade equivalente a tres pagas extraordinarias (soldo pactado máis antigüidade).

Este premio de antigüidade quedará suprimido no ano 2025, polo tanto, o persoal que ingrese a partir do 1-1-2001, non devengará ningún dereito para o cobro deste premio.

Artigo 18º.-Servizo 24 horas.

Ambas as partes son conscientes da gran competencia que existe no sector de mantemento de aparellos elevadores, polo que de común acordo decidiron seguir prestando o servizo de avarías, emerxencias e rescate de persoas durante as 24 horas do día, todos os días do ano, así como implantar progresivamente ata a completa implantación do seguinte sistema:

-A Coruña.

Realizarase un horario de tarde desde as 14.00 horas, ata as 22.00 horas, sendo rotativo entre todo o persoal capacitado de posvenda.

Independentemente das horas que figuran no calendario laboral, existe un servizo de localización e dispoñibilidade que cubrirá o resto das horas (22.00 h ata 9.00 h), aboándose por este servizo a cantidade de 305 A á semana (dentro desta cantidade están comprendidos os oito primeiros avisos realizados).

A partir do noveno aviso aboaranse 14,95 A/aviso.

Os días 25 e 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, os avisos realizados aboaranse ao valor da hora de traballos especiais. Así mesmo, no caso de que coincidan 2 días festivos seguidos, o 2º día aboarase cada aviso a 18 A. Este segundo día festivo consecutivo non computa no número de avisos semanais.

-Santiago de Compostela/Carballo.

Aboaranse 70 A semanais polo servizo de localización e dispoñibilidade.

Aboaranse 25 A por cada aviso que se realice, desde o primeiro.

Estas cantidades manteranse igual durante toda a vixencia do presente convenio colectivo. No caso

de que durante o ano se producisen un mínimo de 15 altas na zona neste servizo, ao importe fixo engadiríase o IPC + 1% para o ano 2005.

-Ferrol/Narón.

Aboaranse 90 A semanais (dentro desta cantidade están comprendidos os catro primeiros avisos realizados).

A partir do quinto aviso, aboarase ao valor da hora extraordinaria normal.

Estas cantidades manteranse igual durante toda a vixencia do presente convenio colectivo. No caso de que durante o ano se producisen un mínimo de 15 altas na zona neste servizo, ao importe fixo engadiríaselle o IPC + 1% para o ano 2005.

Artigo 19º.-Código de conduta.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa, de acordo coa gradación de faltas e sancións que se establece no convenio provincial do metal da Coruña, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Artigo 20º.-Complemento de enfermidade ou accidente.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa complementará as percepcións que para estes casos aboa a Seguridade Social, nas seguintes contías:

Ata o 100% do salario que teña asignado o traballador, entendéndose por este a suma dos conceptos:

-Salario diario (soldo base + complemento empresa).

-Antigüidade consolidada.

Todo traballador en situación de baixa por enfermidade ou accidente ten a obrigación de facer chegar á empresa o correspondente parte de baixa ao día seguinte da súa obtención.

Nos casos de baixa de menos de tres días de duración, deberá pedirse ao médico correspondente o parte de baixa e alta.

Artigo 21º.-Revisión salarial.

O incremento salarial do persoal será para todas as categorías que se vexan afectadas polo presente convenio colectivo:

-Ano 2004: índice de prezos de consumo (IPC) real máis un 1%.

-Ano 2005: IPC real máis un 1%.

Artigo 22º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio colectivo terá dereito a trinta (30) días naturais de vacacións ao ano, que se desfrutarán preferentemente entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de cada ano.

Estes días de vacacións devengaranse dentro do período comprendido entre o 1 de xullo de cada ano e o 30 de xuño do ano seguinte, debendo des

frutarse dentro do período inmediato seguinte ao que se devenguen.

Os traballadores que cesen ou ingresen dentro do citado período desfrutarán a parte proporcional correspondente.

Co fin de poder darlles o servizo oportuno aos nosos clientes, acórdase que en ningún mes do ano poida haber menos dun 75% do cadro de persoal de posvenda (RCP e mantemento).

Artigo 23º.-Período de proba.

Acórdase un período de proba, cuxa duración será de seis (6) meses para os técnicos titulados e de dous (2) meses para o resto dos traballadores.

Non obstante, cando se trate dun contrato en prácticas, o período de proba será de dous (2) meses para titulados de grao superior (licenciados e técnicos superiores de formación profesional regrada) e dun (1) mes para titulados de grao medio (diplomados e técnicos de formación profesional regrada).

En calquera caso, o período de proba acordado quedará interrompido nos supostos de incapacidade temporal.

Artigo 24º.-Dereito supletorio.

Para todas aquelas materias que non foran obxecto de negociación no presente convenio colectivo, aplicarase o que sobre ela se estableza na derrogada ordenanza laboral, Estatuto dos traballadores, convenio provincial do metal da Coruña e demais disposicións de carácter xeral que puidesen ser aplicables.

Comision paritaria.

Calquera discrepancia que puidese derivar da interpretación do presente convenio, ou calquera conflitividade laboral que se xere durante a súa vixencia, as partes conveñen en asignar as seguintes persoas para a súa aclaración:

Pola representación dos traballadores:

José Manuel Calvo Otero.

Francisco Javier Zas Prado.

Pola representación da dirección:

José Eladio Vázquez Ferreño.

Miguel Ángel Jiménez Palacios.

ANEXO

Táboas salariais operarios 2004

CategoríasNivelSoldo baseComp. empresaSalario

DiarioAnual

Oficial 1ªA30,42 A10,76 A41,18 A17.501,50 A

B30,42 A9,11 A39,53 A16.800,25 A

C30,42 A8,58 A39,00 A16.575,00 A

D30,42 A7,88 A38,30 A16.277,50 A

Oficial 2ªA29,77 A8,52 A38,29 A16.273,25 A

B29,77 A7,36 A37,13 A15.780,25 A

C29,77 A4,33 A34,10 A14.492,50 A

CategoríasNivelSoldo baseComp. empresaSalario

DiarioAnual

Oficial 3ªA29,42 A4,58 A34,00 A14.450,00 A

B29,42 A2,97 A32,39 A13.765,75 A

C29,42 A1,73 A31,15 A13.238,75 A

D28,42 A1,91 A30,33 A12.890,25 A

Táboas salariais administrativos 2004

CategoríaNivelSoldo baseComp. empresaSalario

MensualAnual

Oficial 1ªA973,06 A363,09 A1.336,15 A18.706,10 A

B973,06 A246,07 A1.219,13 A17.067,82 A

C973,06 A106,94 A1.080,00 A15.120,00 A

Oficial 2ªA929,06 A70,94 A1.000,00 A14.000,00 A

B929,06 A50,94 A980,00 A13.720,00 A

Auxiliar admvo.A882,47 A53,53 A936,00 A13.104,00 A