DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2005 Páx. 3.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2005 pola que se adxudican as bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia convocadas pola Orde do 1 de decembro de 2004.

A orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 1 de decembro de 2004 (DOG nº 239, do 10 de decembro), aproba as bases da convocatoria de bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia para titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática, correspondentes ás accións do programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

Na base oitava da mencionada orde de convocatoria determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión correspondente.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución. As bolsas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 08.05.432A.442.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.

Segundo.-A dotación económica ascenderá a 900 euros brutos mensuais.

Terceiro.-A duración das bolsas comprende desde o 15 de febreiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2005, e poderán prorrogarse, por un máximo de dous anos, en función do aproveitamento do adxudicatario sempre que exista crédito axeitado e suficiente.

Cuarto.-Para os efectos de cubrir as renuncias que poidan producirse a estas bolsas, establécese a lista de suplentes, que figura como anexo II desta reso

lución. A asignación será feita pola mesma orde en que se citan.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 1 de decembro de 2004 (DOG nº 239, do 10 de decembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimaren a interposición deste recurso, poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2005.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

ANEXO I

Mourelle Romero, José Rogelio44817545K

Aspérez Montes, Mª del Carmen76934539E

Figueiro Rodríguez, Ramón76867868M

ANEXO II

Calvo Roo, Primitivo44807634T

Argibay Villanueva, Joaquín53110379K

Sieira Pérez, Juan Andrés52458964M

Varela Pérez, Manuel Ángel44820128M

Rey Sayáns, Marcos36165233X

Piñeiro González, Martín44832743Q

Barreiro Mogrovejo, Alejandra Mª44079869R

Beiroa Rodríguez, Marcos44811534J

Senra Cerdeira, Andrés44825481E

Alonso Cameselle, Pablo53184128D

Andrade Baliño, José76865491C

Martínez Martín, Abrahan36172053E

Gómez Nesta, Felipe53172996D

Ríos Gerpe, Maribel33280997C

Fernández Gómez, Isabel71413155H

Giráldez Graña, Marcela73240757V