Advertido erro na antedita orde, publicada no DOG nº 93, do 15 de maio de 2002, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 7.095, no artigo «3º.-Solicitudes», onde di: «Os modelos para a formalización das solicitudes, así como a forma e lugar de presentación, son os determinados no número 4 da orde de bases», debe dicir: «Os modelos para a formalización das solicitudes, así como a forma e lugar de presentación, son os determinados no punto cuarto da orde de bases (anexos XXXIV e XXXV)».
NOTA: esta corrección non afecta o prazo de presentación de solicitudes.