DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2005 Páx. 3.202

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Advertidos erros no texto remitido para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia nº 253, do xoves 30 de decembro de 2004, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 18.473, columna dereita, liña 45, onde di: «... cado disto derive...», debe dicir: «cando disto derive...».

Na páxina 18.474, columna esquerda, liña 43, onde di: «... informes antecedentes...», debe dicir: «... informes, antecedentes...».

Na páxina 18.476, columna esquerda, liñas 54 e 55, onde di: «... xeral de subvenciones.», debe dicir «... xeral de subvencións».

Na páxina 18.476, columna dereita, liñas 5, 6 e 7, onde di: «... das administracións públicas, dos seus organismos públicos ou demais entidades do sector público.», debe dicir: «... da Comunidade Autónoma, dos seus organismos públicos ou das demais entidades do sector público galego».