DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2005 Páx. 3.101

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 27/2005, do 14 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno

deste (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméase membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a José Manuel Fernández Alvariño.

Artigo 2º

Noméase membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia a José Antonio Neira Cortés.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente