DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2005 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: subministración de varios equipamentos servidores e sistemas de almacenamento para o Centro de Proceso de Datos do concello.

Tipo de licitación: 144.000 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución será de 30 días para a subministración de 30 días adicionais para a instalación, configuración e posta en marcha de todo o equipamento.

Forma de adxudicación: concurso e procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro

do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se exixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 54 23 04. Correo electrónico: jmiguezc*aytocompostela.es

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 2.880 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público no Departamento de Contratación (r/ Presidente Salvador Allende nº 7), ás 10.30 h, o segundo día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2005.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde