DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión Municipal de Goberno o proxecto técnico e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público, polo procedemento aberto, que rexerá na contratación da seguinte obra:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Rosal.

2. Obxecto do contrato: contorno do cruceiro de San Miguel de Tabagón.

Orzamento: 78.318,69 A (IVE incluído).

3. Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

4. Obtención de documentación e información.

Concello do Rosal; praza do Calvario nº 1, O Rosal.

Teléfono: 986 62 50 00, fax: 986 62 60 34.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ao do remate do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación de ofertas.

En man ou por correo no rexistro do Concello do Rosal, ata as 14.00 horas e durante os 26 días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no DOG. No caso de presentación fóra do concello do Rosal, deberá informarse fidedignamente o concello con anterioridade á finalización do prazo de presentación de propostas. Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións. Formularanse proposicións económicas por cada unha das obras.

Lugar de presentación: Concello do Rosal; praza do Calvario, 1.

Prazo de obriga de manter a oferta: tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da apertura de proposicións.

6. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

7. Gastos de anuncios.

Por conta do/a adxudicatario/a.

O Rosal, 18 de xaneiro de 2005.

Jesús Mª Fernández Portela

Alcalde