DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO de concurso para a concesión da xestión do servizo público da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Pontecesures.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Explotación polo adxudicatario da xestión do servizo público da Escola Infantil Municipal de Pontecesures, no edificio destinado ao dito fin, na rúa Avelino Pousa Antelo, s/n.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Dada a natureza do contrato, non se fixa tipo de licitación, debendo os que opten ao concurso efectuar as súas melloras sobre os aspectos valorables do prego.

5. Garantías.

a) Provisoria: 1.200 euros.

b) Definitiva: 3.000 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Pontecesures.

b) Domicilio: avda. de Vigo nº 2.

c) Localidade: Pontecesures, CP 36640.

d) Teléfono: 986 55 71 25.

e) Fax: 986 55 75 54.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día do remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións.

a) Prazo: 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da data de publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 13.30 horas.

b) Documentación necesaria: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: punto 6 do anuncio.

8. Apertura de proposicións.

Data: ás 12.00 horas do quinto día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas (agás se coincide en sábado, que se trasladará ao día seguinte hábil).

Na Secretaría do Concello estará de manifesto o expediente, que poderá examinarse durante o prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Pontecesures, 4 de xaneiro de 2005.

Manuel Luis Álvarez Angueira

Alcalde