DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1317/2004).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 16 de decembro de 2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente o escrito o 7 de outubro de 2004 da sociedad Promotora Montealegre Camino Canal, S.L., representada por Alfredo Penedo Amaro de conformidade co informe emitido pola Oficina de Xestión Urbanística do 30 de outubro de 2004, do que se lle dará traslado ao interesado para os efectos de motivación.

2. Aprobar inicialmente o estudo de detalle nº 6 de reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa da Canle e rúa Fonte dos Caños (AR 14 E), redactado de oficio pola Oficina de Xestión Urbanística do Servizo de Urbanismo desta corporación. E

3. Sometelo a información pública polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia e notificación persoal aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo ámbito territorial deste.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de xaneiro de 2005.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente