DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO de concurso por procedemento aberto e tramitación urxente.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Melide.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 01/2005.

2. Obxecto do contrato.

Contratación da execución da obra que a continuación se detalla:

-Denominación: remate parcial da planta alta dun edificio destinado a residencia da terceira idade.

-Orzamento base de licitación: 210.354,24 euros, IVE incluído.

-Prazo de execución: 9 meses.

-Clasificación: grupo C (edificacións), subgrupo 4 (albanelaría, revocos e revestimentos), categoría C (anualidade entre 120.000 e 360.000 euros).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: concurso.

Forma de adxudicación: concurso consonte o prego de cláusulas administrativas particulares que han de rexer a contratación mediante concurso con procedemento aberto para as obras comprendidas nos plans provinciais, aprobado polo Pleno da Deputación Provincial da Coruña na sesión do 15 de xullo

de 2002 e publicados no BOP nº 205, do 6 de setembro de 2002, coas modificacións acordadas pola Xunta de Goberno Local. Os criterios de adxudicación e valoración serán os fixados por este concello contidos na cláusula 15.3.2 do prego referenciado.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Melide. Secretaría Xeral.

b) Enderezo: praza do Convento nº 5.

c) Localidade e código postal: Melide, 15800 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 50 50 03; fax: 981 50 62 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13.00 horas do día anterior a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

5. Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Na secretaría do concello durante o prazo de 13 días naturais, desde as 9.00 ata as 13.00 horas, contados do seguinte á derradeira publicación no BOP ou DOG. Simultaneamente ábrese un prazo de 8 días hábiles de exposición ao público, para reclamacións, do prego de cláusulas administrativas.

b) Documentos que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

Sobre B: subtitulado: «Oferta económica e referencias técnicas», conterá a documentación económica axustada ao seguinte modelo:

D. ... con enderezo en ... rúa ... núm. ..., teléfono ..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ..., actuando en nome propio (ou en representación de ... DNI ou CIF nº ..., e con enderezo en ... nº ..., teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da obra comprendida nos proxectos de proxecto básico e de execución para remate parcial da planta alta dun edificio destinado a residencia da terceira idade, do Concello de Melide e para cuxos efectos faise constar:

1º Que ofrece os seguintes prezos (IVE incluído):

-Título: proxecto básico e de execución para remate parcial da planta alta dun edificio destinado a residencia da terceira idade.

-Prezo ofertado:

-% baixa, en relación co tipo de licitación:

2º Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3º Que xunta a documentación exixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En ... o ... de ... de 2005.

Sobre A: conterá a documentación sinalada na cláusula 12.1 do prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de documentos de entrada do Concello de Melide.

7. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de Melide.

b) Data: o terceiro día seguinte hábil ao de finalización de presentación de proposicións. Se este fose sábado sería o luns seguinte.

c) Hora: 12.30 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes aos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Melide, 9 de febreiro de 2005.

Mª Ángeles Vázquez Mejuto

Alcaldesa