DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso referencia S-1/2005.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-1/2005.

2. Obxecto do contrato: subministración por lotes de papel branco e de cor, material para máquina off-set Rioby 500-N, material para o dpto. de reprografía, para a oficina e sobres para as dependencias municipais. Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, sen que en ningún caso poida ser superior a dez días a partir da data de petición.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, que inclúe o IVE.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es e licitaciones*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Gali

cia, rematando ás 13.00 horas. No caso de ser sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación necesaria: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ao do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de febreiro de 2005.

P.D.

Carlos González-Garcés

Alcalde