DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

ANUNCIO.

De conformidade e para os efectos previstos no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, procédese á publicación do texto completo do Plan de sectorización do parque empresarial da Facha-Redonde, no BOP.

O acordo de aprobación definitiva do dito plan de sectorización foi adoptado polo Pleno do Concello en sesión do 16 de decembro de 2004 (texto que recolle as observacións contidas no informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo o 16 de novembro de 2004, asinado por Arteplán, S.A.) O mesmo órgano municipal colexiado acordou liberar dos efectos suspensivos do procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas, acordado polo Pleno, o ámbito territorial afectado polo referido plan.

O que se fai público para a súa executividade.

De conformidade co establecido no artigo 98 da Lei 9/2002, a aprobación definitiva deste instrumento implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para os fins de expropiación.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o Pleno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio; ou recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se practicou a notificación, ou ben a publicación deste anuncio, todo isto de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere procedente.

Campo Lameiro, 22 de decembro de 2004.

Julio G. Sayáns Bugallo

Alcalde