DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, por Decreto da Alcaldía do 10 de febreiro de 2005, o Plan Parcial SUI 1 de Roiriz (ampliación do Parque Empresarial de Chorente) promovido polo Concello de Allariz e redactado pola arquitecta Jacqueline Seijo Martínez e o aparellador municipal Celestino Feijoo Rodríguez, sométese a información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e La Región. Simultaneamente notificaráselles individualmente a todos os propietarios dos terreos afectados.

Durante o trámite de información pública solicitaranse igualmente os informes sectoriais que resultan preceptivos ás administracións públicas competentes que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes.

O prazo de exposición citado anteriormente contarase a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento conforme o dispón o artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Allariz, 10 de febreiro de 2005.

Francisco García Suárez

Alcalde