DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2005, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servizo de mantemento de lineal nos comedores do persoal de garda deste complexo hospitalario (C.P. 1/2005).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), modificada pola Orde do 6 de setembro de 2004 (DOG nº 189, do 28 de setembro), da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense. Dirección de Recursos Económicos e de Servizos Xerais-Unidade de Contratación, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense. Teléfono: 988 38 56 91; fax: 988 38 54 04.

b) Número do expediente: (C.P. 1/2005).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de mantemento de lineal nos comedores do persoal de garda do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: ver o punto 2 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso público, respectivamente.

4. Orzamento base de licitación: 106.050 A, IVE incluído.

5. Garantía provisoria: 2.121 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade e domicilio: ver o punto 1 deste anuncio.

b) Data límite: días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas, ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver os puntos 13 e 14 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (antes das 14.00 horas). No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro xeral, rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa), 32005 Ourense.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servizos Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Data: décimo primeiro día contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: 9.00 h.

d) Acto público.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación: ver o punto 16 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lingua(s): castelán ou galego.

11. Gastos dos anuncios: o pagamento dos anuncios será a conta do adxudicatario do contrato.

12. Para consultar pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 4 de febreiro de 2005.

José Fermín Troncoso Casares

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense