Acórdase someter a información pública, polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, o estudo de viabilidade correspondente ao contrato de concesión de obra hidráulica para a redacción do proxecto, construción e explotación da obra estación depuradora de augas residuais de Melide. Melide (A Coruña), para os efectos establecidos no artigo 227.3º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que o estudo de viabilidade se atopará á súa disposición, durante o prazo anteriormente sinalado, nas dependencias da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, sita na r/ Doutor Maceira, 18 baixo, Conxo, 15706 Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2005.
Emilio García Gallego
Presidente da Empresa Pública
de Obras e Servizos Hidráulicos