DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2005 pola que se somete a información pública o estudo de viabilidade correspondente ao contrato de concesión de obra hidráulica da obra colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Camariñas. Camariñas (A Coruña).

Acórdase someter a información pública, polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da

publicación deste anuncio, o estudo de viabilidade correspondente ao contrato de concesión de obra hidráulica para a redacción do proxecto, construción e explotación da obra colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Camariñas. Camariñas (A Coruña), para os efectos establecidos no artigo 227.3º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que o estudo de viabilidade se atopará á súa dis

posición, durante o prazo anteriormente sinalado, nas dependencias da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, sita na r/ Doutor Maceira, 18 baixo, Conxo, 15706 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2005.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública

de Obras e Servizos Hidráulicos