DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de montes CO-MON-2004-0049.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, e máis do Regulamento aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro (BOE nº 61 e 62, do 12 e 13 de marzo. Corrección de erros nos nº 67 e 121, do 19 de marzo e do 21 de maio), por non poder realizar a súa notificación.

Noméase instrutora do procedemento a Ofelia Rivas Vázquez e secretaria a María Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, e poderase promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Industrias Forestais, segundo o artigo 452 do Regulamento de montes, en relación co Real decreto 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, se non efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución.

O prazo máximo para ditar resolución neste expediente é de seis meses a partir da data do acordo de incoación, segundo o establecido no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De no ditarse resolución no devandito prazo e, ao abeiro do disposto no artigo 44.2º da lei antes mencionada, producirase a caducidade do expediente.

O que lle comunico, de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2005.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-MON-2004-0049.

Denunciado: Aprovechamientos Forestales del Noroeste.

Último enderezo coñecido: lugar de Espiñeira-Rois- A Coruña.

Feitos denunciados: realizar unha corta de especies de crecemento rápido (eucalitos) sen deixar transcorrer o prazo de 15 días após a notificación.

Tipificación: artigo 67 h) da Lei 43/2003, en relación co artigo 231 do Regulamento de montes.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 100 A de multa.