DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador de incendios CO-INC-2004-0116.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publicar a proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servizos múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con todos os documentos que figuran no expediente, remitiranse ao director xeral de Montes e Industrias Forestais da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 18 de xaneiro de 2005.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-INC-2004-0116.

Denunciado: Jaime Pailos Alvarellos.

Último enderezo coñecido: O Carballal, s/n-Cesullas-Cabanas de Bergantiños.

Feitos denunciados: queimar herba en terreo agrícola, en época prohibida.

Tipificación: artigo 67 d) en relación cos artigos 3 e 4 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 600 A de multa.