DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-CN-2004/19 (conservación da natureza) e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolución ditadas pola instrutora nos expedientes que por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, estanse a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados disporán dun prazo de quince dias hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, poderán examinar o expediente, no Servizo Técnico-Xurídico, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2005.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-CN-2004/19.

Nome do denunciado: Benito Piñeiro Padín.

Último enderezo coñecido: r/ Trigal-Donón-Hío, 10 de Cangas (Pontevedra).

Feitos denunciados: realizar unha fogueira con ramas de árbores, podendo con iso degradar a duna onde a efectuaba, así como a vexetación existente nesta. A dita fogueira estaba rodeada de pedras.

Feitos denunciados ás 8.15 horas do día 9 de abril do 2004, en Barra-Hío, no concello de Cangas.

Precepto infrinxido: infracción leve do artigo 62 en relación co artigo 29.1º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 A.

Expediente: PO-CN-2004/37.

Nome da denunciada: María Delfina Losa García.

Último enderezo coñecido: r/ Montero Ríos, 6 de Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos denunciados: estacionar un vehículo marca Rover, con matrícula C-4166-CF, dentro dun espazo natural en réxime de protección xeral denominado paraxe Con Negro (O Grove), facendo caso omiso ao sinal de prohibición de entrada e estacionamento de vehículos que se atopaba no lugar e que advirte da prohibición de vulnerar o espazo natural protexido.

Feitos denunciados ás 17.15 horas do día 11 de xullo do 2004, na paraxe Con Negro, do concello do Grove.

Precepto infrinxido: infracción leve do artigo 62 en relación co artigo 29.1º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 A.

Expediente: PO-CN-2004/43.

Nome do denunciado: Francisco Javier Rivas Botana.

Último enderezo coñecido: r/ avda. A Pastora, 21 de Cambados (Pontevedra).

Feitos denunciados: estacionar un vehículo marca Volvo 440, con matrícula PO-7558-AV, dentro dun espazo natural en réxime de protección xeral denominado Charca a Bodeira (O Grove), facendo caso omiso ao sinal de prohibición de entrada de vehículos que se atopaba no lugar de acceso, e que advirte a prohibición de vulnerar o espazo natural protexido.

Feitos denunciados ás 16.30 horas do día 3 de xullo do 2004, na praia de Con Negro, do concello do Grove.

Precepto infrinxido: infracción leve do artigo 62 en relación co artigo 29.1º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 A.