DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-A-2004/127 (animais-Pontevedra) e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Que así mesmo, designo instrutora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa Mª Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para formular as alegacións, achegar os documentos ou achegar as probas que conveña ao seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2005.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2004/127.

Denunciado: Juan Manuel Íñigo Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ avda. Castelao, 87 baixo esq. de Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: levar un can potencialmente perigoso de raza Doberman solto e sen buceiro por unha vía pública.

Feitos denunciados o día 25 de abril de 2004 na rúa avda. Castelao de Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 1.000 A.

Expediente: PO-A-2004/138.

Denunciado: Francisco Javier Costas Pena.

Último enderezo coñecido: r/ Cela, 4-Simeu-Darbo de Cangas (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso de raza Pit Bull Terrier sen licenza, levalo pola vía pública con correa pero sen buceiro, e carecer o dito can de microchip identificativo.

Feitos denunciados ás 12.50 horas do día 13 de setembro de 2004 no paseo da estación marítima, do concello de Cangas (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1º b) e graves dos artigos 13.2º b) e 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 3.000 A.

Expediente: PO-A-2004/142.

Denunciada: Susana Goretti de Matos Moreira.

Último enderezo coñecido: r/ Ribeirao-Vilanova de Famalicao (Portugal).

Feitos denunciados: ter un posto de venda nun mercado cos seguintes animais: 20 galiñas de Guinea, 4 patos, 4 patos encarnados, 7 gansos, 2 cisnes, 2 pavos reais, 2 gansos do Nilo, 3 gansos normais, 100 paspallases, 4 papagaios grises de rabo vermello, 65 tecedores, 8 diamantes de Bul, 2 gorrións dourados, 1 pico brozuno, 3 conures da Patagonia, 25 agapornis, 4 pombas torcaces, 4 papagaios you you, 10 ninfas, 4 canarios, 4 catalinas, 2 papagaios testa amarela, 4 periquitos de Kramer, 4 pitrolas, 4 paspallases alecrín, 25 diamantes mandarín, 1 periquito cabeza azul, 1 princesa de Gol, 2 turacos, 3 papagaios alexandrinos, 3 forpus, 12 bul-bul, 2 gorrións de Xava, 2 canarios amarelos, 4 merlos metálicos, 7 pombas de cebra, 9 bungalis, 6 periquitos, 2 merlos bico amarelo, 6 pegas, 2 periquitos cabeza negra e 2 de peito gris, coas seguintes irregularidades:-Non posúe autorización oficial de traslado dos animais citados expedida polos servizos veterinarios.-Non se encontran identificadas

individualmente as gaiolas que conteñen as aves.-Non presenta certificado de limpeza e desinfección do vehículo.-Non se encontra o vehículo autorizado para o transporte dos animais.-Non posúe autorización para exercer a venda ambulante dos animais citados.-Que non se encontra o lugar habilitado como certame gandeiro para exercer a venda de animais.

Feitos denunciados ás 10.20 horas do 18 de abril de 2004 na feira do Alto do Cosme do concello de Mos (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 24 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 A.

Expediente: PO-A-2004/148.

Denunciado: Miguel Ángel Arca Castro.

Último enderezo coñecido: Caldas, 50-Paradivas de Caldas de Reis (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un establecemento de venda de animais sen inscribir no Rexistro de Estable

cementos de Animais Domésticos e Salvaxes en catividade de Galicia.

O dito establecemento carece de medios de destrución ou eliminación hixiénica de cadáveres.

Feitos denunciados ás 13.45 horas do 25 de outubro de 2004 na rúa Fuentes, 9 de Caldas de Reis (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.1º j) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: artigo 24 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 A.

Expediente: PO-A-2004/143.

Denunciada: Alejandra Prieto Martínez.

Último enderezo coñecido: r/ Camiño da Igrexa, 170 de Mos (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso de raza Rottweiler sen licenza e levalo pola vía pública sen buceiro.

Feitos denunciados ás 13.10 horas do 26 de setembro de 2004, na rúa Camiño da Igrexa, 170 de Mos (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1.b) e grave do artigo 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 2.704,56 A.

Expediente: PO-A-2004/152.

Denunciado: Pedro Pereira Pampín.

Último enderezo coñecido: r/ Marqués de Valterra, 49-6ºB de Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso de raza Pitt-Bull sen ser posuídor da preceptiva licenza, levándoo por unha vía pública desprovisto de buceiro.

O dito can protagonizou unha peleza con outro can de raza Pastor Belga nas rúas Torrecedeira con Severo Ochoa.

Feitos denunciados o día 30 de setembro de 2004 na rúa Torrecedeira con Severo Ochoa de Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1º b) e grave do artigo 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 2.704,05 A.

Expediente: PO-A-2004/155.

Denunciado: Marcos Molina Blázquez.

Último enderezo coñecido: r/ San Caetano, 10, Alba (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter tres cans de raza podenco non acreditando a implantación dos microchip nestes.

Feitos denunciados ás 18.20 horas do 1 de novembro de 2004, en O Candendo, no lugar de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 13.2º b) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 300,51 A.