DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-A-2004/133 (animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución ditada pola instrutora no expediente que por infracción da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, poderá examinar o expediente no Servizo Técnico-Xurídico, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar as alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2005.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2004/133.

Nome do denunciado: Antonio Gandón Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ A Xunqueira, 45, Reibón-Moraña (Pontevedra).

Feitos denunciados: ter un can potencialmente perigoso de raza Pitt-Bull pola vía pública ceibo e sen o correspondente buceiro.

Localizado o propietario do can, manifesta que é da súa propiedade, non mostrando ningún tipo de documentación relativa ao dito animal.

Feitos denunciados ás 00.15 horas do 28 de agosto do 2004, nas inmediacións da praia A Xunqueira-Meira, do concello de Moaña (Pontevedra).

Precepto infrinxido: infracción moi grave do artigo 13.1º b) e grave do artigo 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 2.704,56 A, sen prexuízo de que poida terse en conta á hora de resolver o expediente a obtención da licenza polo denunciado.