DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2005, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servizo de limpeza dos edificios destinados a sedes administrativas de diversos órganos xudiciais da provincia de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: SE 21.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza dos edificios destinados a sedes administrativas de diversos órganos xudiciais da provincia de Lugo.

b) División por lotes e número: non leva.

c) Lugar de execución: o sinalado no punto B do prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde o 2 de abril de 2005 ata o 1 de abril de 2006 ambos os dous incluídos (12 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 142.562,88 A, IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

Exercicio 2005: 106.922,16 A (período 2 de abril ao 31 de decembro).

Exercicio 2006: 35.640,72 A (período 1 de xaneiro ao 1 de abril).

5. Garantía provisional: 2.851.26 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación:

A clasificación exixida será a seguinte:

-Segundo o Regulamento xeral de contratos das administracións públicas (artigo 37): grupo U, subgrupo 1, categoría A.

-Segundo os criterios de clasificación establecidos na orde do Ministerio de Facenda do 24 de novembro de 1982, modificado pola Orde do 30 de xaneiro de 1991: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4906

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2005.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local