DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2005, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se comunica o acordo de execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas derivadas do expediente sancionador e de restitución e de reposición da legalidade en materia de costas ES/13-90/BA.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, comunícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no artigo 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; en relación cos artigos 107.3º da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e 199 do seu regulamento, por medio desta notificación requírese para que no prazo dun mes, proceda á restitución ordenada e así o acredite documentalmente ante este órgano administrativo, apercibíndoo de que, noutro caso, se acordará a imposición de sucesivas multas coercitivas, por períodos dun mes, na contía que legalmente corresponda.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada, perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta notificación no DOG, conforme o establecido nos artigos 48, 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Celeiro-Viveiro, 12 de xaneiro de 2005.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Expediente : ES/13-90/BA.

Interesado: José Manuel Durán Paradela.

DNI : 76612967.

Último enderezo coñecido: Avda. Carrero Blanco, 172-1º A, Lugo.

Data da notificación: 29 de novembro de 2004.

Acordo: imposición da novena multa coercitiva por importe de 384,61 euros equivalente ao 20% da sanción imposta, que será reiterada por lapsus de tempo dun mes ata que cumpra co ordenado na resolución do expediente ES/13-90/BA.

Lugar: Benquerencia, termo municipal de Barreiros (Lugo).

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL