DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 209/2004, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de decembro de 2004, o delegado provincial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou resolución do expediente sancionador nº 209/2004 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Restaurante Calemae, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta

cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Restaurante Calemae, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2005.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 209/2004.

Denunciado: Restaurante Calemae, S.L.

DNI/NIF: B15595036.

Último enderezo coñecido: praza de María Pita, nº 24. A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade. Artigos 2.1º 1; 2.2º e 3.3º 6 do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria. R.D. 3484/2000, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, artigos 3.3º, 7.3º, 10.2º e 12. R.D. 2207/1995, polo que se establecen as normas de hixiene relativas aos produtos alimenticios, capítulos I.1; VI.2; artigo 3.2º do R.D. 202/2000, sobre normas relativas aos manipuladores de alimentos.

Tipificación provisional: leve.

Sanción imposta: 150,25 euros. Cento cincuenta euros con vinte e cinco céntimos.