DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, sobre resolución de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, a resolución do procedemento de baixa de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita da inspección, o Servizo de Inspección de Turismo dependente desta delegación comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados no seu día.

Considerando que no DOG nº 181, do 16 de setembro de 2004, efectuouse por parte deste organismo o perceptivo trámite de audiencia a que fai referencia o artigo 84 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, respecto do cal os titulares non efectuaron alegacións en prazo.

Notifícaselles aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, a baixa da autorización turística e a comunicación á Dirección Xeral de Turismo para os efectos da súa cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

Lugo, 25 de xaneiro de 2005.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Establecemento: Reno.

Signatura: C.LU-12.

Titular: José Verdeal Díaz.

Enderezo: Calvo Sotelo, núm. 12.

Concello: Lugo.

-Establecemento: O Mariscador.

Signatura: R.LU-424.

Titular: Consuelo Pérez González.

Enderezo: Prado Villapol, s/n.

Concello: O Vicedo.