En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 28 de xaneiro de 2005, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:
«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Silvarredonda.
2º De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 10 de xullo de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal, modificado mediante o Acordo de 5 de decembro de 2002, o planeamento do Concello de Cabana de Bergantiños queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.».
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2005.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO