DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga a concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Rañada 2744.1.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas outorgou a Clementina Cabaleiro Núñez, con data do 11 de agosto de 2004, a concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Rañada nº 2744.1, de dúas cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Salvaterra de Miño, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitude Latitude

18º 31' 40''42º 06' 00''

28º 31' 20''42º 06' 00''

38º 31' 20''42º 05' 20''

48º 31' 40''42º 05' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 30 de decembro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra