DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e inscribe a Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, co número de rexistro EFGT-5, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné de operador de guindastre torre no ámbito da provincia de Lugo.

Examinado o escrito presentado por Hipólito Trinidad Losada, en representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, con CIF G-27010081 e domicilio en Avda. Américas, nº 15-17 entresollado; C.P. 27004 Lugo (Lugo), en que se solicita a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné de operador de guindastre torre no ámbito da provincia de Lugo.

Feitos.

Primeiro.-Con data do 7 de abril de 2004, Hipólito Trinidad Losada, en representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de

Lugo, presentou un escrito solicitando, ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e exixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial e as súas modificacións, que lle fose concedida a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados. Para tal efecto presentaba documentación exixida no artigo trece da citada orde.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, nos reais decreto 1634/1980, do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, e o Decreto 82/2004, do 23 de abril, que o modifica, con relación ao Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova instrución técnica complementaria MIE-AEM-2 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións, e demais lexislación concordante.

Segundo.-A documentación presentada por Hipólito Trinidad Losada acredita que a Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo cumpre coas exixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentariamente establecidos.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar e inscribir a Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, co número de rexistro EFGT-5, como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención do carné de operador de guindastre torre, no ámbito da provincia de Lugo.

Segundo.-Para impartir os cursos deberase comunicar ás delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, antes do seu inicio, o programa, profesorado, listaxes de alumnos e o lugar, o horario e a data dos exames, co fin de realizar o control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberá ser renovada aos dous anos, para o que se deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de Industria

o cumprimento dos requisitos exixidos na autorización inicial.

Cuarto.-A entidade recoñecida queda obrigada a comunicar os cambios que se poidan producir na súa estrutura de persoal durante o período de validez da autorización, así como presentar anualmente unha memoria en que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Esta autorización poderá ser revogada, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de Industria, no caso de que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, e demais lexislación aplicable.

Notifíquese esta resolución ao interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao de notificación, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de acordo ao disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas