DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación denominado Arpi 3069, no concello de Silleda da provincia de Pontevedra, por parte de Alaska B.V.I., S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Alaska B.V.I., S.L., con enderezo na r/ Xeneral Franco, 80, Silleda, presentou nesta delegación provincial o día 20 de xullo de 2004, instancia-solicitude do permiso de investigación denominado Arpi, sobre unha superficie de doce cuadrículas mineiras para a investigación de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Silleda da provincia de Pontevedra e ao que lle correspondeu o nº 3069.

A designación do terreo, en coordenadas xeográficas, é a seguinte:

VérticesLonxitude Latitude

V8º 20' 40''42º 41' 00''

V8º 19' 00''42º 41' 00''

V8º 19' 00''42º 40' 00''

V8º 19' 40''42º 40' 00''

V8º 19' 40''42º 40' 20''

V8º 20' 40''42º 40' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente a trámite, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 14 de decembro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra