DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio de expediente sancionador E.S. 137/2004 a Talleres Almaga, S.L., CIF: B15233968.

Notifícaselles ao denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, o acordo de iniciación de expediente sancionador, do delegado provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña.

O interesado dispón do prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo para presentar as alegacións que considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, edificio administrativo Monelos, 1º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: E.S. 137/2004.

Denunciado: Talleres Almaga, S.L., avda. da Pasaxe, 68, 15009 A Coruña. CIF: B15233968.

Feito denunciado: taller sen autorización administrativa.

Precepto infrinxido: Lei do 16 de xullo de 1992, de industria.

Precepto sancionador: artigo 31.3º a).