DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2004, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 115/2004, do 3 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servizo que hai que satisfacer, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da

Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Emilia Pardo Bazán, 52-baixo, das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2004.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda