DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2004, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local en Ribadeo para instalar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 115/2004, do 3 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servizo que hai que satisfacer, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local sito na rúa Xeneral Franco, 7-baixo, de Ribadeo (Lugo) para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda