En cumprimento do disposto no artigo 22 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 115/2004, do 3 de xuño,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das necesidades do servizo que hai que satisfacer, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia, Xuventude, Deportes e Voluntariado, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dos locais contiguos sitos na avda. do Exército, 2-1º da Coruña para instalación
de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda