DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (198/2004).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos do xuízo de faltas 198/2004, por outras faltas, nos cales se ditou a sentenza, que ten o teor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de dous mil cinco.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número seis de Santiago de Compostela, estes autos de xuízo de faltas 198/2004, seguidos ante este xulgado por outras faltas con intervención do Ministerio Fiscal, en concepto de denunciado Daniel González González (antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito).

Decido: que debo condenar e condeno a María Aranzazu Alfaya Caride con DNI 36129632, a , María Ángeles Pose Vilares con DNI 32820791 e a Daniel González González con DNI 76902825, como autores cada un deles dunha falta de estafa tipificada no artigo 623.4º CPE á pena dun mes de multa a razón dunha cota diaria de 5 euros, resultando un total de 150 euros para cada un deles, e a que indemnicen conxunta e solidariamente a José María Muíño Rey na cantidade de 140,36 euros, con expresa condena en custas aos condenados.

O pagamento das multas farase nunha soa mensualidade, dentro dos tres días do mes seguinte ao que adquira firmeza esta resolución, mediante o correspondente ingreso na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Se o condenado non satisfixer as multas impostas, quedará suxeito á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias de multa non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fins de semana.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, nos cinco días seguintes ao da súa notificación. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número seis de Santiago de Compostela».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e que lle sirva de notificación en forma ao condenado Daniel González González, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 5 de xaneiro de 2005.

A secretaria xudicial

Rubricado