DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (101/2004).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos do xuízo de faltas 101/2004, por furto, nos cales se ditou a sentenza que ten o teor literal seguinte:

«Santiago de Compostela o 3 de xaneiro de 2005.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de faltas 101/2004, seguidos ante este xulgado por furto, con intervención do Ministerio Fiscal, en concepto de denunciado de Fattahallah Hifri (antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito).

Decido que debo condenar e condeno a Fattahallah Hifri como autor responsable dunha falta de furto do artigo 623 do Código Penal á pena dun mes de multa a razón dunha cota diaria de 3 euros, resultando un total de 90 euros con expresa condena en custas a este.

O pagamento das multas farase nunha soa mensualidade, dentro dos tres días do mes seguinte ao que adquira firmeza a presente resolución, mediante o correspondente ingreso na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Se o condenado non satisfixer as multas impostas, quedará suxeito á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias de multa non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fins de semana.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este mesmo xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, nos cinco días seguintes ao da súa notificación. Así, por esta miña setnencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número seis de Santiago de Compostela».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e que lle sirva de notificación en forma ao condenado Fattahallah Hifri, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 3 de xaneiro de 2005.

A secretaria

Rubricado