DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentenza (37/2004).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do seguinte teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela (A Coruña), 30 de xuño de 2004.

Pedro Fernández Mora, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres desta cidade e o seu partido, viu estes autos de xuízo verbal de desafiuzamento por falta de pagamento e reclamación de cantidade, rexistrado co número 37/2004, que se seguen entre Julio Rey Doce, con domicilio en Santiago de Compostela (A Coruña), Aríns-A Devesa, como demandante, representado polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes e asistido pola letrada Mariña Varela Pérez, e José Enrique Gramunt Fernández, con domicilio en Brión (A Coruña), Soigrexa-Bastavales nº 7, como demandado; este encóntrase en situación procesual de rebeldía neste procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda formulada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, en nome e representación de Julio Rey Doce, contra José Enrique Gramunt Fernández, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre a vivenda situada na rúa Travesía da Estrada nº 14-A, semisoto, letra C, da localidade de Santiago de Compostela (A Coruña), existía entre o demandante e o demandado e iso por falta de pagamento das rendas debidas por este e, consecuentemente, debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento do precitado demandado do expresado predio, apercibíndoo de

que se non o desaloxa poderá ser botado dela pola súa conta.

Así mesmo, debo condenar e condeno ao demandado, José Enrique Gramunt Fernández, a que lle pague ao demandante a cantidade de mil cincocentos doce euros (1.512 A), máis os xuros legais correspondentes, que se contarán desde o día 6 de febreiro do ano 2004, data de presentación da demanda, e ata o ditado da sentenza, así como ao aboamento dos xuros legais correspondentes incrementados en dous puntos desde a data desta sentenza e ata o completo pagamento.

Todo iso con expresa condena en custas ao indicado demandado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe preparar recurso de apelación, ante este mesmo xulgado, no prazo de 5 días que se contarán desde o seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá certificación para a súa unión aos autos a que se refire, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Enrique Gramunt Fernández, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2005.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA