DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO SEIS DE PONTEVEDRA

EDICTO (283/2004).

Indalecio Conde González, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Pontevedra.

Fai saber que en resolución desta data ditada no expediente de suspensión de pagamentos da empresa Construcciones Carro, S.L., seguido neste xulgado baixo o número 283/2004 acordou convocar a xunta xeral de acredores para o día 15 de febreiro de 2005 ás 10.30 horas na sala de audiencias deste xulgado, mantendo a cualificación de insolvencia definitiva. Os acredores poderán comparecer persoalmente ou por medio doutra persoa a favor da cal se outorgase poder notarial bastante que deberá exhibir no acto da celebración da xunta.

Dado en Pontevedra o dezanove de novembro de dous mil catro.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA