DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO SEIS DE PONTEVEDRA

EDICTO (471/2001).

Nos autos de xuízo verbal civil que se seguen no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Pontevedra, por instancia de María José Area Seoane e Jaime Acuña Jorge, contra Arturo Dapena Barros, Avelino Silva Ruibal e Promociones Dacoi, S.L. ditouse a sentenza que no seu encabezamento e parte dispositiva, copiados literalmente, din:

«Sentenza: 10/2004.

Xuízo verbal 471/2001.

En Pontevedra o vinte e un de xaneiro de dous mil catro.

Indalecio Conde González, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número seis de Pontevedra e o seu partido, vistos estes autos de xuízo verbal 471/2001, seguidos perante este xulgado, entre partes, dunha como demandantes María José Area Seoane e Jaime Acuña Jorge con procurador Carlos Vila Crespo e letrado Enrique Dobarro Buitrago, e doutra como demandados Arturo Dapena Barros, Avelino Silva Ruibal, Dacoi, S.L. con procuradores José Portela Leiros, Pedro Sanjuan Fernández, e sen profesional asignado e letrado sen profesional asignado, sobre xuízo verbal e,

Decido que estimando e demanda formulada polo procurador dos tribunais Carlos Vila Crespo, en nome e representación de María José Area Seoane e Jaime Acuña Jorge, contra Arturo Dapena Barros, Avelino Silva Ruibal e Promociones Dacoi, S.L. debo condenar e condeno os demandados a reparar solidariamente os defectos de construción do piso 4º F do nº 51 da rúa Salvador Moreno, na forma que se indica no informe técnico que se xunta á demanda e ao pagamento das custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado en termo de quinto día.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Promociones Dacoi, S.L. e do seu representante legal Fernando Ruibal Argibay, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra o dezaoito de febreiro de dous mil catro.

El secretario

Rubricado