O número 2 da base décimo sexta das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde, dispón que, publicadas as listaxes provisionais, á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as correccións oportunas, a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva da asignación de destinos por centros de xestión.
Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución.
Así mesmo, coas prazas non adxudicadas ou que resulten vacantes como consecuencia da fase de provisión iniciarase de novo o procedemento de provisión previsto, relacionándose as devanditas prazas por centros de xestión, establecendo o prazo, a forma, o lugar de presentación de solicitudes e sinalando o lugar, a data e a hora de celebración da segunda entrevista.
Polo tanto, procede agora darlle publicidade no DOG polo que,
RESOLVE:
Primeiro.-Publicar, con carácter definitivo, as puntuacións e os destinos obtidos polos aspirantes
que participaron no primeiro proceso da fase de provisión do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), das seguintes categorías: pneumoloxía, oftalmoloxía, psiquiatría, farmacia hospitalaria.
Segundo.-As listaxes poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
Terceiro.-Convocar o novo proceso da fase de provisión para a adxudicación das seguintes prazas:
Pneumoloxía:
Código Centro Nº prazas
3201 C.H. de Ourense 2
3601 C.H. Universitario de Vigo 1
Oftalmoloxía:
Código Centro Nº prazas
2707 H.C. de Monforte de Lemos 1
Psiquiatría:
Código Centro Nº prazas
1501 Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña 1
2707 H.C. de Monforte de Lemos 1
3204 H.C. de Valdeorras 1
Farmacia hospitalaria:
Código Centro Nº prazas
3606 X.A.P. de Vigo 1
Neste segundo proceso de asignación deberá participar obrigatoriamente o persoal que, como consecuencia do proceso de consolidación de emprego, obtivese a situación de persoal estatutario en expectativa de destino sempre que non obtivesen destino definitivo no primeiro proceso de asignación de prazas.
O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde, que participando no primeiro proceso de asignación de prazas e solicitando todas as da súa categoría, especialidade e área de saúde non obtivese destino definitivo nela, deberá participar obrigatoriamente neste segundo proceso de asignación sem
pre que se oferten prazas da súa categoría, especialidade e área de saúde. O reingresado provisional que non participe neste segundo proceso de asignación de prazas ou non obteña praza e non solicitase todas as da súa categoría, especialidade e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.
Cuarto.-Cada participante deberá cubrir soamente unha única solicitude, axustándose ao modelo xa utilizado anteriormente que figura como anexo desta resolución, e na páxina web do Sergas (www.sergas.es), e respectando estritamente a codificación que identifica a cada centro ou complexo hospitalario, sen ter que achegar ningunha outra documentación complementaria acreditativa de méritos, agás o persoal estatutario fixo.
As solicitudes deberán dirixirse expresamente á División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela) e mesmo poderán ser enviadas ao seu fax 981 54 28 18, ademais de poder ser presentadas nos mesmos centros que no primeiro proceso de provisión ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Quinto.-Convocar os aspirantes para a realización das entrevistas, no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, de conformidade coa seguinte distribución:
Pneumoloxía: día 8 de marzo de 2005, ás 12.00 horas.
Oftalmoloxía: día 4 de marzo de 2005, ás 13.00 horas.
Psiquiatría: día 2 de marzo de 2005, ás 10.00 horas.
Farmacia hospitalaria: día 2 de marzo de 2005, ás 13.00 horas.
Sexto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderán interpoñer recurso de reposición ante esta división no prazo dun mes desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2005.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO SEIS
DE PONTEVEDRA