DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.844

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2005, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 001, do grupo V (camareiro/a-limpador/a e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se corrixen erros do Anuncio do 29 de decembro de 2004, polo que se fan públicas as cualificacións do terceiro exercicio da fase de oposición.

Advertido erro no Anuncio do 29 de decembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 3, do 5 de xaneiro de 2005), polo que se fan públicas as cualificacións do terceiro exercicio da fase de oposición, o tribunal designado pola Orde do 12 de agosto de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 162, do 20 de agosto), para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 001 (camareiro/a-limpador/a e outras),

do grupo V, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, sistema de acceso libre e quenda de promoción interna, convocado polas ordes do 19 de decembro de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 252, do 30 de decembro),

ACORDOU:

Proceder á rectificación deste dando publicidade para xeral coñecemento dos datos da aspirante e da cualificación obtida por ela que por un erro de transcrición non saíu na listaxe publicada.

Laureana Hermida Álvarez, de DNI 35286706. Cualificación: apto.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2005.

José Manuel Maceira Caldelas

Presidente do tribunal V-B

CONSELLERÍA DE FAMILIA,

XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO