DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.841

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de febreiro de 2005 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir polo sistema de libre designación o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela todos os funcionarios que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo de San Caetano nº 1, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local, ou que estea na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servizos concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o cal sexa seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no DOG o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase porceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino, ou dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da resolución de traslados á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co estabecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminstracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2005.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Código posto: PRP020000015770115.

Denominación do posto: xefe do Gabinete de Asesoramento e Apoio á Actualización Normativa.

Centro directivo: Asesoría Xurídica.

Consellería: Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral (escala de letrados).

Grupo: A.

Nivel: 30.

C. específico: 15.821,54 euros.

Adscrición administracións públicas: A11.

Formación específica: 640.