DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2005 Páx. 2.837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2005 pola que se convoca un curso sobre a sismicidade e o risco sísmico.

Dentro do programa de actividades que o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ten previsto realizar no ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso sobre a sismicidade e o risco sísmico, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Coñecer as características sísmicas e simotectónicas do NE da Península Ibérica, e as normas de prevención tanto en materia de construción de edificios nas zonas con probabilidade de suceder movementos sísmicos, como en materia de planificación ante este risco.

Dar unha visión xeral das ferramentas máis comúns para a busca e análise de datos sismolóxicos.

Segunda.-Destinatarios.

-Técnicos da Subdirección e dos servizos provinciais de Protección Civil da Xunta de Galicia.

-Técnicos en materia de protección civil dos concellos de Galicia.

-Responsables de AVPC sitas en concellos afectados por este risco.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Prazas: o número de prazas ofertadas é de 27.

2. Duración e datas: o curso desenvolverase os días 15 e 16 de marzo de 2005, cunha duración de 15 horas lectivas.

O horario será o seguinte:

-Das 9.30 ás 14.00 horas e 16.00 a 20.00 horas.

3. Lugar: o curso realizarase na sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia no concello da Estrada.

Cuarta.-Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos participantes é totalmente gratuíta.

2. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

3. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 9 de marzo de 2005.

4. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do organismo ao que estea adscrito e seladas, e no caso de haber máis dunha solicitude da mesma entidade, relacionalas en orde prioritaria. Este será requisito indispensable para ser admitido no curso.

5. As instancias deberán enviarse por correo á sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia a: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada ou fax nº 986 59 09 88 ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinta.-Contido.

-Conceptos básicos: a orixe dos terremotos. Tipos de terremotos, tectónica de placas, fracturas, o ciclo sísmico.

-Perigosidade sísmica en Galicia: xeoloxía, sismos históricos, modelo sismotectónico, diagnose de perigosidade sísmica na comunidade galega.

-Ferramentas para a busca e análise de datos sismolóxicos: web das redes sísmicas nacionais e mundiais; a web ORFEUS; o SES 2000.

-Planificación ante o risco sismolóxico en Galicia.

-A norma de construción Sismorresistente-02.

-Directriz básica de planificación ante o risco sísmico.

-Visita ao Observatorio Xeofísico de Santiago de Compostela.

Sexta.-Relación de admitidos.

A relación de participantes admitidos para a realización do curso exporase no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sen prexuízo da oportuna notificación aos seleccionados con antelación á celebración do curso. Tamén poden confirmar a súa admisión chamando ao teléfono 986 59 00 21.

Sétima.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade en todas as actividades do curso. A falta de asistencia, mesmo cando sexa xustificada, a máis dun 10% das horas lectivas programadas determinará a cualificación de non apto no curso.

Oitava.-Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Novena.-Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de febreiro de 2005.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia